Celebramos o cumple de Celi cunha gran festa

Publicado o 17 de Setembro de 2021

Como cada setembro, Celi cumple anos e quéreo celebrar ao grande con todos os seus amigos e amigas. Estades todos listos para pasalo xenial? O sábado 25 de setembro de 11 a 21h encheremos o centro comercial coas mellores atraccións infantís, obradoiros e actividades para que todos os nenos e nenas poidan disfrutar ao máximo do aniversario da nosa mascota.

Durante a festa contaremos con arredor de 20 atraccións e obradoiros gratuitos distrubuídos entre o parking exterior e o interior do centro comercial e en cada unha delas haberá control de aforo para evitar colas e xel hidroalcohólico para que a celebración sexa totalmente segura.

O parking exterior estará dividido en tres zonas diferenciadas nas que se situarán as distintas atraccións, e no interior do centro comercial contaremos con máis actividades, obradoiros infantís e como sempre, merenda gratis para todos! O noso simpático extraterrestre entregará a todos os seus amigos e amigas unha fantástica caixa de chuches, pero ademais, contaremos cun posto de degustación de flocos de millo e de algodón de azucre no parking exterior.

E iso non é todo, porque do 22 ao 26 de setembro poderás entrar no sorteo dunha viaxe ao parque Warner para toda a familia cos teus tickets de compra de 20€ ou máis de calquera establecemento do centro comercial. Podes participar na seguinte ligazón.

Como sempre, todas as atraccións e obradoiros desta gran celebración serán gratuítas para os socios do Club de Celi. Os peques que aínda non pertenzan ao club, poderán inscribirse de maneira gratuíta no Punto de Atención ao Cliente ou na nosa páxina web. E lembra, para poder acceder ás actividades, todos os nenos e nenas terán que solicitar a súa pulseira identificativa nos distintos puntos de recollida que haberá habilitados en As Cancelas o propio día da festa.

Agardámosvos!