Celi está de cumple: sorteamos unha viaxe ao Parque Warner

Publicado o 22 de Setembro de 2021

Estades preparados para a festa máis importante do ano en As Cancelas? Este sábado, a nosa mascota Celi celebra o seu aniversario cun montón de actividades e unha gran sorpresa… un sorteo de unha viaxe para toda a familia ao Parque Warner de Madrid! Soa ben, verdade?

Do 22 ao 26 de setembro, participa no sorteo cos teus tickets de compra de 20€ ou máis en calquera dos nosos establecementos. Só tes que encher o formulario que atoparás ao final desta páxina cos teus datos e subir unha foto do teu ticket de compra. Así de fácil!

Só poderán usarse tickets de compra con data entre o 22 e o 26 de setembro, e recorda, cantos máis tickets de compra subas, máis oportunidades de gañar!

O premio consistirá nunha viaxe para catro persoas (2 adultos e 2 nenos) ao Parque Warner de Madrid, con aloxamento en réxime de almorzo nun hotel de catro estrelas e entrada de dous días ao parque.

Moita sorte!

BASES LEGAIS