7 recomendacións para celebrar a Festa do Cinema
Preparados para gozar das últimas estreas de cinema ao mellor prezo? Volve a As Cancelas, durante os días 28, 29 e 30 de outubro, a Festa do Cinema, o gran evento cinematográfico no que poderás ver as últimas películas da tempada por tan só 2,90€ por entrada. Para beneficiarte do prezo reducido das entradas, só tes que solicitar a túa acreditación gratuíta ou renovala rexistrándote na web da Festa do Cinema.
Se aínda non sabes que títulos vir ver, ou se simplemente queres optimizala ao máximo, hoxe no blog de As Cancelas traémosche as nosas 7 recomendacións para que goces como nunca esta Festa do Cinema. Segue lendo!
Joker
Gañadora do León de Ouro na última edición do Festival de Venecia e protagonizada por Joaquin Phoenix, conta a vida de Arthur Fleck, un pallaso que de día traballa por horas e de noite tenta converterse en monologuista… pero sempre acaban burlándose del. Non encaixa coa xente que lle rodea, como o demostra a súa risa incontrolable que lle prexudica aínda máis cando tenta controlala. Todo isto expono a un ridículo moi perigoso que raia coa violencia. Está atrapado nunha existencia que se cambalea entre a realidade e a tolemia, e unha mala decisión vai desencadear unha serie de tráxicos acontecementos.
Abominable
El silencio de la ciudad blanca
Javier Rey e Belén Rueda protagonizan este thriller dramático baseado no bestseller de Eva García Sáenz de Urturi. Ambientado en Vitoria, arrinca coa aparición dos cadáveres dun mozo e unha moza de vinte anos espidos na cripta da Catedral Vella, crime que ambos os actores teñen que investigar para dar caza a un asasino camaleónico e desapiadado que podería estar máis preto do que crían.
Día de lluvia en Nueva York
Gatsby e Ashleigh son unha xove parella de universitarios que decide pasar unha fin de semana romántica en Nova Iorque. Ela vai entrevistar a o recoñecido cineasta Roland Pollard, que pasa por un momento de crise creativa, e durante a súa aventura coñecerá ao cautivador actor Francisco Vega. Mentres tanto, Gatsby tamén coñecerá a unha moza que o axudará a poñer en orde os seus sentimentos. O chuvioso fin de semana estará plagado de encontros, desencontros e equívocos.
Géminis
Película de acción e suspense protagonizada por Will Smith no papel de Henry Brogan, un asasino a soldo do goberno estadounidense, que descubriu os segredos máis oscuros do sistema. Coa idea de abandonar este emprego, Brogan atópase perseguido por un mozo e misterioso axente, que parece ser capaz de predicir todos os seus movementos. Decidido a deter a este mozo que pretende cazalo sen descanso, Brogan descubrirá que é un clon del mesmo 30 anos máis xove.
La familia Addams
A familia Addams volve á gran pantalla coa primeira comedia de animación sobre este escalofriante e excéntrico clan. Baseado nos clásicos cómics de Charles Addams, afronta o momento no que esta peculiar familia múdase a New Jersey, onde atopan unha cidade reticente ao seu excéntrico modo de vida. Se pensas que a túa familia é rara, prepárate para coñecer a esta estrambótica e absolutamente inolvidable familia que te fará cambiar de parecer.
Maléfica: Maestra del mal
“Maléfica: mestra do mal” é una aventura de fantasía que se desenvolve varios anos despois de “Maléfica”. Nesa película o público coñeceu os acontecementos que endureceron o corazón da vilá e que a levaron a maldecir á Princesa Aurora. Agora, este filme segue explorando a complexa relación entre ela e a fada con cornos, como establecen novas alianzas e se enfrontan a novos adversarios na súa loita por protexer as terras e ás criaturas máxicas que residen nelas.
Zombieland: Mata y remata
Dez anos despois de que ‘Benvidos a Zombieland’ se estrease, o reparto principal volve a unirse para ‘Zombieland: Mata e remata’. Na secuela, a través dun divertido e tolo caos que vai dende a Casa Blanca ao corazón do país, estes catro cazadores deben loitar contra novos tipos de zombies que evolucionaron dende o primeiro filme, así como novos superviventes humanos. Pero por enriba de todo, terán que enfrontarse á convivencia entre eles.
Decidiches xa que película vas ver? Se non é así, visita este enlace e bota un vistazo a todas as propostas que Cinesa As Cancelas che ofrece. E recorda descargar a túa acreditación da páxina da Festa do Cine para poder mercar as túas entradas ao mellor prezo.
Agardámoste en As Cancelas para celebrar a Festa do Cine!