Ven vivir a festa do Entroido!
Un ano máis, xa estamos a preparar as mellores actividades de Entroido para que todos os nosos pequenos visitantes o pasen en grande, caracterizados dos seus personaxes favoritos. E é que do 1 ao 6 de marzo, teremos obradoiros, actuacións de danza, teatro e música, atraccións e o gran desfile-concurso de disfraces infantís que se celebrará o sábado día 2 e no que os participantes poderán gañar unha consola Nintendo Switch. Queres saber máis? Segue lendo porque contámoscho todo!
As actividades comezarán o venres 1 de marzo ás 18:00 horas co Festival de Entroido da escola de danza Pasito de Baile. Unha vez finalizada a exhibición, todos os nenos e nenas poderán participar, a partires das 19:00, na Escola de Baile e gozar da música e a danza.
O sábado día 2, de 12:00 a 14:00 horas, o Club de Celi ofrecerá un obradoiro de máscaras de Entroido. Pola tarde, ás 18:00 horas, comezará o gran concurso de disfraces de As Cancelas. O concurso terá cinco categorías: mellor disfrace, disfrace máis orixinal, concursante máis simpático, mellor desfile e mellor interpretación. Os gañadores de cada categoría recibirán como premio unha Nintendo Switch e haberá sorpresas para todos os participantes.
A inscrición para o concurso de disfraces efectuarase no punto de información, situado na planta baixa do centro comercial, desde o venres día 22 de febreiro ata o venres día 1 de marzo en horario de 10:30 h a 20:45 horas e o sábado día 1 de marzo desde as 10:30 h ata as 15:00 h. Os participantes, tamén poderán inscribirse o sábado día 2 de marzo no propio lugar de celebración do evento (planta 2), de 17:00 a 18:00 horas.
O domingo día 3, de 18:00 a 20:00 horas, completaremos os disfraces dos máis pequenos cun obradoiro de maquillaxe de Entroido e o luns 4 de marzo, de 12:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas, os máis atrevidos poderán probar a súa axilidade e reflexos na divertida atracción Wipe Out.
O martes 5 e o mércores 6 de marzo estará instalado, de 12:00 a 14:00 horas, o gran inchable de Celi. Polas tardes, ás 18:00 horas haberá senllos espectáculos de teatro e animación infantil: A tropa tola, o martes, e Cantabaila, o mércores.
Todas as actividades son gratuítas para os membros do Club de Celi. Os nenos e nenas que aínda non se inscribiron poderán facelo en calquera momento e de forma gratuíta no centro comercial As Cancelas, ou a través desta ligazón.
Preparados para gozar do mellor Entroido?