Ven cociñar con CeliChef!
Esta fin de semana, os pequenos da casa teñen unha cita coa nosa querida mascota Celi para divertirse mentres aprenden sinxelas receitas nos nosos talleres infantís de cociña. As actividades, terán lugar o venres 24 de maio en horario de 18:30 a 20:30 h e o sábado en horario de 12 a 14 h e de 18:30 a 20:30 h na planta 1 do centro comercial. Ademais de poder degustar as súas creacións culinarias, todos os pequenos que participen levarán de agasallo un fantástico kit de mandil e gorro de cociña, para que poñan en práctica na casa todo o aprendido.
Os obradoiros, que están destinados a nenos e nenas de ente 3 e 12 anos, serán de balde para todos os socios do Club de Celi. Todos aqueles que aínda non sexan socios do club, poderán inscribirse no mesmo momento de forma presencial ou a través do noso formulario web.
Agardámosvos!