Ven cociñar co equipo de Martín Berasategui
O famoso cociñeiro donostiarra Martín Berasategui, que suma dez estrelas Michelín nos cinco restaurantes que xestiona en España, estará este venres ás 11:00 horas en As Cancelas para participar nun showcooking organizado pola marca de electrodomésticos Beko.
Se queres aprender algunhas das súas receitas ou simplemente gozar do resultado do taller gastronómico no que participará, tan só tes que presentarte no stand de Beko en planta 1 ás 11:00 h. No evento poderán participar 30 persoas que serán seleccionadas por rigorosa orde de chegada.
A visita de Martín Berasategui será o elemento central dunha acción promocional de tres días –do 14 ao 16 de febreiro– que a marca de electrodomésticos levará a cabo en As Cancelas e na que haberá distintos showcookings a cargo de prestixiosos cociñeiros, consellos e receitas de cociña saudable, xogos de preguntas e respostas e sorteo de agasallos directos para os asistentes como mandís, receitarios e enxoval de cociña.
Os máis pequenos terán tamén un espazo no que poderán participar en distintas actividades lúdico-deportivas nas que pasar un bo intre xogando con electrodomésticos transformados en porterías, canastras e outros orixinais campos de xogo. Así mesmo, poderán aprender as súas primeiras nocións de cociña e alimentación saudable e levar agasallos directos como mandís, vasos, receitarios e pelotas de fútbol. A zona de xogos abrirá ás 17:00 horas o xoves 14 e o venres 15 e ás 10:00 o sábado 16 de febreiro.
Ademais, os asistentes poderán participar nun sorteo final de electrodomésticos da marca Beko, que contará cunha zona de exposición dos seus últimos lanzamentos.