Servizos pensados para nen@s en As Cancelas
No Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, impórtannos moito os nenos e tamén a seguridade dos mesmos. Así, os pais estarán máis tranquilos. Nesta ocasión, ímosche a falar acerca dos servizos dos que dispón o noso centro comercial para o coidado dos nenos. Se es pai ou nai, este artigo vaiche a interesar. Non deixes de visitar o noso catálogo de servizos, pois estamos seguros que atoparás moitos que serán do teu agrado.
O primeiro destes servizos para nenos/as é o cambiador de cueiros, o cal se atopa dispoñible tanto nos aseos de homes como de mulleres. É un servizo moi cómodo, xa que sen necesidade de saír do centro comercial, tes un espazo pensado en esencia para os máis pequenos. Ser pai ou nai non é sinxelo, sobre todo cando tes un bebé. Por iso, o cambiador de cueiros facilitarache moito esta tarefa.
O segundo servizo é a sala de lactación. Dicha salga conta con todos os equipamentos necesarios para o seu bo uso por parte das usuarias das Cancelas. É dicir, é un espazo cómodo, íntimo e no que sentirás segura.
O terceiro servizo consiste en pulseiras anti-perda, as cales serven para que os pais teñan controlados aos seus fillos durante as súas compras no centro comercial. Este servizo permíteche ter ao neno/a baixo control e saber onde se atopa. O seu funcionamento é moi sinxelo: soamente tes que pedila e poñer a pulseira ao teu fillo/a.
O cuarto servizo é o préstamo de cadeiras de paseo. Cal é a principal vantaxe disto? Pois basicamente que, como pai ou nai, se non dispós dunha cadeira para o teu fillo/a, non hai problema. Nas Cancelas tes unha cadeira de paseo dispoñible para os teus fillos. Moverse cos peques da casa polo centro comercial nunca foi tan fácil.
Finalmente, que é o mellor? Pois que todos estes servizos son gratuítos.
Esperámoste en Santiago.