Preparados para gozar da Festa do Cine?
Os días 28, 29 e 30 de outubro volve ás salas de Cinesa As Cancelas a décimoséptima edición da Festa do Cinema, o gran evento que reuniu a 1.825.800 espectadores en toda España na súa anterior cita, para facernos gozar das mellores estreas do mes por tan só 2,90€ por entrada.
Para participar, e poder gozar deste fantástico prezo, tan só é necesario presentar a acreditación da Festa do Cinema no momento de adquirir as entradas. Se prefires facer a compra online para evitar colas, tan só terás que mostrar a acreditación no momento de acceder á sala. Como novidade, e co obxectivo de aforrar un consumo innecesario de papel, este ano non fará falta imprimir a acreditación, se non que poderá descargarse en PDF e mostrarse desde o teléfono móbil.
Aínda non tes a túa? Se é a primeira vez que participas na Festa do Cinema, podes solicitar a túa acreditación nesta ligazón, de forma totalmente gratuíta. Se non te perdes ningunha edición, pero non atopas a túa acreditación, podes volver descargala aquí.
Agardámoste!