Participa na gravación do videoclip de Celi!

Publicado o 16 de Maio de 2018

Gustaríache participar no videoclip da canción de Celi? Pois toma nota de todos os detalles, porque agora As Cancelas dáche a oportunidade de acompañar á nosa querida mascota no seu estreo musical. Preparados? ¡¡Que comece a festa!

O vindeiro venres 25 de maio, celebraremos un casting na primeira planta do centro comercial para elixir aos pequenos afortunados que sairán no videoclip de Celi. Para participar no casting, tan só tes que ter entre 3 e 12 de anos, ser membro do Club de Celi (se aínda non es socio podes inscribirte no momento) e vir demostrar as túas dotes de baile o día 25, en horario de 19 a 21 horas.

A inscrición realizarase de forma presencial durante o mesmo día do casting, en planta 1, desde as 18h ata o término da selección, sobre as 21h. De entre todos os participantes, un xurado profesional elixirá a un mínimo de 8 nenos/nenas e un máximo de 12 nenos/nenas para participar na gravación.

Os seleccionados por parte do xurado para saír no videoclip de Celi, terán o honor de ser membros do grupo de baile de Celi durante un ano, para o que se lles outorgará un vestiario especial do Club de Celi que só terán eles e ademais gañarán diferentes cheques agasallo e vales para gastar en distintas tendas de As Cancelas.

Non o penses máis, e ven a pasalo en grande con Celi!

BASES LEGALES