Chámaste Santiago? Temos un agasallo para ti!
Este ano temos máis ganas ca nunca de celebrar as festas do Apóstolo e por iso, sumámosnos á celebración máis importante do ano en Santiago! Desde o 20 de xullo, toda a cidade sumerxirase na festividade do Apóstolo con unha chea de actuacións musicais, que se adaptarán para cumprir en todo momento coas medidas de seguridade impostas. O punto álxido das celebracións, será, como cada ano, o espectáculo de fogos artificiais que se levará a cabo en distintos puntos da cidade, sendo As Cancelas un deles.
Como cada no, desde As Cancelas patrocinamos a Xornada de Folclore Galego, que se celebrará o próximo xoves 22 de xullo na praza do Obradoiro. Con isto, queremos poñen o noso grao de area para contribuír ao desenvolvemento das festas do Apóstolo na cidade.
E iso non é todo, porque preparamos unha sorpresa moi especial no centro comercial: todos os Santiagos que pasen polo Punto de Atención ao Cliente de As Cancelas os días 23 e 24 de xullo e acrediten que se comparten Santo co patrón de Galicia presentando o seu DNI ou outro documento de identidade similar, poderán levar a casa un regalo moi doce ata fin de existencias.
Apúntaste a celebrar as festas do Apóstolo con nós?