Eu vou ao cinema: do 27 ao 30 de setembro as túas entradas a 3,50€

Publicado o 27 de Setembro de 2021
Canto tempo levas sen gozar do pracer do cinema na gran pantalla? Busca un oco na túa axenda porque é hora de volver ás salas de Cinesa As Cancelas, e é que do 27 ao 30 de setembro, poderás gozar das últimas estreas da tempada por tan só 3,50€ a entrada. Imposible dicir que non!
Grazas ao gran evento cinematográfico, que actualizou o seu nome de ‘Festa do Cinema’ a ‘Eu vou ao cinema’, durante catro días poderás poñerte ao día dos últimos taquillazos como ‘ Dune’, After: almas perdidas’, ‘ Maixabel’ ou ‘ Shang-Chi e a Lenda dos Dez Aneis’. A diferenza de edicións anteriores, nesta ocasión non será necesario acreditación para gozar do prezo reducido das entradas.
Para garantir que as salas de cinema sexan un espazo seguro, extremaranse as medidas de seguridade, con limitación do aforo dos distintos espazos, incremento da frecuencia de limpeza e desinfección, uso obrigatorio de máscara e distancia de seguridade entre asentos.