Contacontos sobre mulleres extraordinarias da historia
Hai moitas mulleres extraordinarias cuxas vidas cambiaron o mundo no que vivimos: pintoras, escritoras, científicas, raíñas, políticas… Con motivo do Día da Muller, desde As Cancelas queremos renderlles homenaxe a todas elas contando as súas vidas. O día 8 de marzo, a partir das 19:00 horas, teremos unha sesión de contacontos infantil que repasará as emocionantes biografías dalgunhas destas mulleres que se adiantaron ao seu tempo e abriron camiño pola igualdade.
Marie Curie, Frida Kahlo, J. K Rowling ou Coco Chanel, son só algunhas das protagonistas de contos adaptados para nenos e nenas nesta actividade gratuíta organizada polo Club de Celi e que se basea no libro ‘Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes’, un éxito editorial internacional traducido a máis de 40 idiomas.
Precisamente, e tamén con motivo do Día da Muller, sorteamos en Facebook e Instagram un pack de exemplares desta serie de libros que recollen máis de 200 historias de mulleres extraordinarias. Participa ata o 7 de marzo!