Celebra Halloween connosco

Publicado o 24 de Outubro de 2018

Só faltan uns días para que chegue Halloween, e como cada ano, animaremos a festa máis terrorífica do outono cuns divertidos talleres e maquillaxe para que os máis pequenos poidan completar os seus aterradores disfraces. Poderían transformarse en vampiros, zombis, bruxas ou cabazas todos os nenos que veñan por As Cancelas, o sábado 27 e o domingo 28 de outubro, en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas, e o mércores 31 de 18:00 a 20:00 horas.

Os talleres serán totalmente gratuítos para os socios do Club de Celi, pero os pequenos que aínda non formen parte do noso club infantil, poderán inscribirse sen coste algún en calquera momento no Centro Comercial ou de forma online a través deste enlace. Agardámosvos!