A gran festa do Entroido chega a As Cancelas!
Chega o Entroido e, como cada ano, preparamos cinco días de festa para gozalo ao grande, con actuacións de teatro e maxia, atraccións para os máis pequenos e un gran concurso infantil de disfraces. Vas quedar sen vir?
As actividades comezarán o venres 21 de febreiro, ás 19:00 horas, coa actuación de Kote Malabar, un dos mellores espectáculos de teatro e circo de rúa.
Ao día seguinte, sábado 22, a festa comezará ás 17:00 horas coa música dunha discoteca móbil, talleres de globoflexia e o show de humor e ilusionismo do Mago Noel. Será a mellor forma de quentar o ambiente do noso xa tradicional concurso infantil de disfraces, que comezará ás 18:30 horas e no que regalaremos 5 videoconsolas Nintendo Switch (3 para os mellores disfraces e 2 que se sortearán entre todos os nenos e nenas que participen).
As inscricións para o desfile poderán facerse no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial, situado na planta baixa do mesmo, desde o luns 17 de febreiro ata o venres 21 de febreiro, en horario de 10:30 a 20:45 h e o sábado 22 de febreiro desde as 10:30 h ás 15:00 h. Tamén poderán realizarse no propio lugar de celebración do evento na planta 2 do centro comercial, de 17:00 a 18:00 h.
Os días 23, 24 e 26 de febreiro traeremos ao centro comercial as atraccións favoritas dos máis pequenos. O domingo 23, de 12:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas, funcionará a varredora. O luns 24, no mesmo horario, será a quenda do popular Wipe Out e o mércores 26, para pechar as actividades, haberá un divertido tragabolas xigante. Todas as atraccións e espectáculos estarán situados na segunda planta.
Como sempre, todas as actividades serán gratuítas para os socios do Club de Celi. Os nenos e nenas que aínda non sexan membros do Club, poderán inscribirse sen custo algún e en calquera momento no centro comercial.
Que non falte ninguén!