A Casa de Celi volve á carga en outubro!

Celebramos a chegada do novo curso ao grande e poñemos en marcha unha renovada programación na ludoteca infantil favorita dos máis peques de Santiago: a Casa de Celi. Durante todas as fins de semana deste mes, todos os nenos e nenas poderán gozar de actividades, contacontos, talleres e espectáculos na planta superior de As Cancelas.
Para gozar de toda a programación, tan só hai que ser membro do Club de Celi. Os nenos e nenas que aínda non teñan o seu carné, poden inscribirse en calquera momento no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial ou na nosa páxina web.
Consulta toda a programación de outubro:
Venres 7 de outubro
– Ás 19:00 horas: Actuación ‘A maxia de Dani Piolo’.
Sábado 8 de outubro
– De 17:30 a 20:30 horas: Taller de robótica, lego e construcións xigantes.
Venres 14 de outubro
– Ás 19:00 horas: Espectáculo de monicreques ‘Ou-a-Lúa’.
Sábado 15 de outubro
– Ás 19:00 horas: Contacontos ‘Narrativa Estafe’.
Venres 21 de outubro
– Ás 19:00 horas: Espectáculo ‘Risando a risa’ do Pallaso Popín.
Sábado 22 de outubro
– De 17:30 a 19:30 horas: Escola de baile con Siliria Dance.