🎂 O aniversario de Celi chega a As Cancelas! 🎉

Celi cumpre anos e quere celebralo por todo o alto! O vindeiro 19 de setembro, ven a As Cancelas e goza dun día cheo de diversión para toda a familia.
Para poder participar en todas as actividades, tes que ser socio/a de El Club de Celi. Se aínda non o es, podes rexistrarte na seguinte ligazón.
Este ano preparamos un montón de actividades gratuítas, desde atraccións e deportes ata obradoiros, xogos, espectáculos e moitas sorpresas. Hai plans para todos os gustos!
embra que podes poñer a pulseira previamente no Punto de Atención ao Cliente:
🗓 Data para poñer a pulseira: venres 18 e sábado 19 de setembro.
Todas as persoas asistentes que poñan a pulseira o venres 18 recibirán de agasallo un libro de Os Bolechas!
A continuación, podes consultar todas as actividades:
PARKING EXTERIOR
No parking exterior atoparás unha auténtica zona de aventura con actividades para poñer a proba as túas habilidades:
- 🐂 Touro mecánico
- 🏄 Simulador de surf
- 🤸 Atracción A Barredora
- 🧗 Rocódromo
- 🤸 Jumping acrobático
- 🏃 Súper xincana de 60 metros de longo
- 🎯 Atracción Tragabolas
- 🏎️ Circuíto de karts
- 🏍️ Circuíto de choppers
- 🚗 Circuíto de vehículos a pedais
- 🏈 Fútbol americano
- 🤺 Escola de esgrima — de 12:00 a 14:00 h
- 🏸 Federación Galega de Bádminton
- 🏀 Basket 3×3
- 🥊 Escola de boxeo — de 16:30 a 20:30 h
- ⚽ Fútbol 3×3
- 🎯 Diana de puntería
- ⛳ Minigolf
PLANTA 0
A diversión continúa no interior do centro comercial:
- 🎟️ Stand de información e recollida de pulseiras — Entrada principal
- 📚 Agasallo de libros de Os Bolechas — Entrada principal
- 🐄 Vacaruleta de Xanceda, con degustación de produtos da granxa — Kiwoko
- 🎈 Globoflexia — Pasillo de Carrefour
- 🥤 Batidos — Pasillo de Carrefour
- 🤖 Obradoiro de robótica — Décimas
- 🎟️ Punto de información e recollida de pulseiras
- 🧩 Xogos tradicionais — Centroxogo
- 🍭 Algodón de azucre — Arenal, de 16:00 a 20:00 h
📚 Visita de Os Bolechas — Planta baixa e parking exterior, a partir das 13:00 h
PLANTA 1
Seguimos subindo! Na primeira planta atoparás máis actividades para gozar ao grande:
- 🏸 Federación Galega de Squash — Mango
- 🤸 Wipe Out — Bershka
- 🪖 Pista americana — Stradivarius
- 🛝 Tobogán xigante de dúas ramplas — Zara
- 🍿 Flocos de millo — Cortefiel, de 16:00 a 20:00 h
- 🎩 Escola de maxia — Cortefiel, de 13:00 a 15:00 h e de 17:00 a 20:00 h
- 📿 Obradoiro de pulseiras e tatuaxes — Primark, de 12:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:30 h
PLANTA 2
E chegamos á planta 2, onde estará un dos grandes protagonistas da festa: o Show de Celi.
Durante a tarde poderás gozar de diferentes actividades e espectáculos:
- 🏰 Inchable Multiaventuras — Rinconada
- 🌴 Inchable A Selva — Show de Celi, de 12:00 a 17:00 h
- 🤸 Actuación do Club Gym Viravolta — 18:00 h
- 🎻 Actuación musical da Escola En Clave Método Suzuki — 19:00 h
- 🎭 Musical dos Pallasos da Tele — 20:00 h
- 🎂 Parabéns a Celi! e reparto de lambetadas — 21:00 h
E, por suposto, non podía faltar o momento máis especial do día: Celi soprará as velas rodeada de todos os seus amigos e amigas!
Vémonos en As Cancelas! 🎉
