Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Vexetarianos: opcións para xantar en As Cancelas

Nos últimos anos, o vexetarianismo converteuse nunha tendencia cada vez máis extendida na sociedade: o 20% dos españois son vexetarianos, veganos ou pescetarianos. Conscientes da crecente demanda de opcións libres de carnes e pescados, os restaurantes puxéronse as pilas introducindo nas súas cartas propostas para este perfil de consumidor, cada vez máis preocupado pola súa saúde, concienciado co medio ambiente e en búsqueda dun consumo máis sostible.

Porque ser vexetariano é fácil se preparas as túas comidas na casa, pero vólvese un pouco máis complicado cando toca saír a comer fóra. Conscientes da dificultade que supón para as persons vexetarianas ter diferentes opcións para comer en restaurantes, hoxe no blog de As Cancelas facemos un repaso das opcións de restauración coas que contan no centro comercial. Aínda que aínda é tarefa pendente nalgúns locais, a continuación contámosvos onde podedes atopar opcións vexetarianas e que pratos teñen dispoñibles.

Cambalache

Parte dos seus pratos italianos con toque arxentino, tamén son aptos para vexetarianos. Teñen unha gran variedade de opcións, sobre todo en pasta, xa que podes elixir a que queiras coa salsa ao gusto: pesto, pomodoro, gorgonzola… Ademáis, poderás degustar numerosos entrantes como pan de allo, empanadilla vexetal ou aros de cebola, e ensaladas como a de aguacate. Tamén teñen pizza catro queixos ou se prefires, podes facela ao teu gusto cos ingredientes que máis che gusten.

  • Ñoquis con pesto: Ñoquis de patata e queixo ricota con salsa Pesto.
  • Empanadilla vexetal
  • Pan de allo
  • Pan de allo con queixo
  • Pan de allo con queixo e tomate confitado
  • Parillada de verduras: Berenxena, calabacín, pemento, tomate, cebola e espárragos trigueiros.
  • Aros de cebola
  • Provoleta ao Forno: Medallón de queixo Provolone fundido con especias e aceite de oliva.
  • Provoleta Pomodoro: Medallón de queixo Provolone fundido sobre salsa de tomate, baixo láminas de tomate fresco.
  • Provoleta Copertina: Medallón de queixo Provolone fundido, envolto en masa fresca de pizza con cebola, especias e aceite de oliva.
  • Patacas fritidas
  • Patacas finas ás finas herbas
  • Lasaña verde: Finas capas de pasta verde recheas de pisto de verduras asadas, cogomelos variados e espinacas, cubertas de bechamel e gratinadas con queixo mozzarella.
  • Panzotti rulo: Pasta rechea de queixo de rulo de cabra e cebola caramelizada.
  • Sorrentinos: Pasta rechea de ricota.
  • Raviolis de verdura: Pasta rechea de verdura.
  • Espaguetis
  • Fetuccini Blancos
  • Fetuccini verdes
  • Macarróns
  • Salsas para acompañar á pasta:
    • Salsa Pomodoro: Salsa de tomate, tomates cherry, queixo mozzarella, albahaca e aceite de oliva.
    • Salsa Tuco: Salsa de tomate con aceite de oliva.
    • Salsa Pesto: Albahaca, aceite de oliva, allo, queixo parmesano e améndoas.
    • Salsa Tres Queixos: Cremosa salsa de queixos cheddar, gouda e Granna Padano.
    • Salsa Gorgonzola: Cremosa salsa de queixo azul gorgonzola.
  • Panzotti Rulo con salsa Pomodoro: pasta rechea de queixo de rulo de cabra e cebola caramelizada con salsa Pomodoro.
  • Panzotti Rulo con salsa de cogomelos: pasta rechea de queixo de rulo de cabra e cebola caramelizada, con salsa cremosa de cogomelos variados ao Oporto (shiitake, nameko, cogomelos de ostra e champiñóns).
  • Raviolis verdes con salsa de cogomelos: pasta rechea de verdura, con salsa cremosa de setas variadas ao Oporto (shiitake, nameko, cogomelos de ostra e champiñóns).
  • Ensalada aguacate: Mezcla de leitugas, tomate, aguacate, queixo mozzarella, aceitunas negras e piñóns, con aceite de oliva e vinagre balsámico de Módena.
  • Ensalada mixta: Leituga, tomate, cebola e aceitunas verdes.
  • Risotto de Setas: Arroz cremoso con cogomelos variados (cogomelos de ostra, shiitake, nameko e champiñóns).
  • Pizza personalizada: Ti elixes os ingredientes que queiras ao teu gusto.
  • Pizza catro queixos: Salsa de tomate, queixo mozzarella, queixo galego Arzúa-Ulloa, queixo de rulo de cabra, queixo azul e orégano.
  • Pizza mediterránea: Masa extrafina con salsa de tomate, albahaca, queixo mozzarella, tomates cherry, crocantes de cebola e escamas de queixo curado.
  • Pizza especial de verduras asadas: Masa especial con salvado de trigo, aceite de allo, queixo mozzarella, tomate fresco, verduras asadas e espárragos trigueiros á prancha.

Foster’s Hollywood

Esta cadea de comida americana, aínda que é famosa pola súa carne, tamén conta con alternativas para vexetarianos. O prato estrela é “The Veggie Burger”, unha hamburguesa feita de arroz integral, quinoa e fabas. Pero tamén podes pedir as boliñas de mac&cheese, o guacamole, os fingers de queixo ou os deliciosos aros de cebola.

 

  • The Veggie Burger: Burger de arroz integral, quinoa, fabas, salsa BBQ, leituga trocadero, tomate, aguacate, cebola morada, maínzo, maionesa garden e queixo. En pan rústico de sementes.
  • Guacamole feito na túa mesa: Preparado na túa mesa con aguacate, cebola, jalapeño, cilantro, sal, lima e tabasco ao teu gusto. Acompañado de totopos para mollar.
  • Mac&Cheese: Macarróns con crema de queixo empanados con cereal de maínzo sobre salsa de tomate e albahaca, e queixo Parmigiano Reggiano raiado.
  • Fingers de queixo: Queixo Gouda empanado. Elixe unha salsa: rancheira, BBQ ou framboesa.
  • Aros de cebola: Aros de cebola empanados coa súa auténtica receita americana.

 

Ginos

A última incorporación de estilo italiano que chegou a As Cancelas plantexa numerosas opcións de pizza e pasta para vexetarianos, ademáis de deliciosos entrantes e ensaladas. Cando veñas a xantar a Ginos, indica ao teu camareiro que vas consumir pratos vexetarianos para que poida ofrecerte o asesoramento nutricional máis completo.

  • Lunette di Zucchini: Discos de cogombro preparados en tempura con parmesano raiado e acompañados de salsa toscana caseira.
  • Fonduta di Formaggi: Fondue de queixos, con queixo azul e ceboliño. Acompañada de 4 rebandas de pan de allo.
  • Involti di melanzane: Finas láminas de berenxena recheas de queixo ricotta e herbas aromáticas, con salsa de tomate, albahaca e queixo grana padano.
  • Provolone al forno: Queixo provolone fundido sobre tomate natural con tomate semiseco e ourego. Acompañado de pan de allo.
  • Insalata Nuovo Caprese: Variedade de tomates con mozzarella di bufala 100% D.O. Campana, sobre unha base de brotes frescos e albahaca. Aliñada con aceite de oliva virxe extra.
  • Pizza Caprese: Salsa de tomate, mozzarella de Búfala 100% D.O. Campaña, tomate cherry, pementa negra molida, albahaca en follas e aceite virxe.
  • Pizza Bianca Quattro Formaggi: Mozzarella, salsa catro queixos, azul e de cabra.
  • Pizza Margherita: Salsa de tomate, mozzarella e ourego.
  • Pizza ao teu gusto: Elabora a túa propia pizza cos tres ingredientes que máis che apetezan.
  • Ravioli integrali pesto e pomodorini: Raviolis con fariña de espelta integral recheos de queixo ricotta e noces con salsa de pesto, tomates cherry, queixo parmesán e albahaca.
  • Farfalle primaveira: Pasta con verduras frescas salteadas (cogombro, cenoria, porro, pemento verde e vermello, espinacas e queixo feta).
  • Lunette al tartufo e funghi: Pasta en forma de luas recheas de trufa con salsa cremosa de cogomelos.
  • Sachetti di gorgonzola: Pasta rechea de queixo gorgonzola, con suave salsa de queixo gorgonzola, espárragos verdes e améndoas tostadas.
  • Pasta ao teu gusto: Elixe a túa pasta e combínaa ao teu gusto cunha das súas 20 salsas.

 

Pans and Company

Aínda que pensar en Pans and Company é pensar nos seus deliciosos bocadillos, esta cadea de restauración tamén ten opcións para todos aqueles que non queiran comer produtos de orixe animal. Por exemplo, ensalada de quinoa e de pasta, ou o bocadillo Mozzarella Deluxe con aceite de oliva, pesto verde, rúcula, mozzarella, virutas de parmesán e tomate seco. Teñen tamén variedade de opcións en canto a entrantes, como aros de cebola ou fingers de mozzarella, e tamén poderás almorzar coas súas torradas con tomate ou marmelada.

  • Bocadillo Mozzarella Pesto: Pan cristal, aceite de oliva, pesto verde, rúcula, mozzarella, virutas de parmesán e tomate seco.
  • Ensalada de quinoa: Mix de leitugas e canónigos, quinoa, tomate cherry, queso mozzarella, pementos asados, maínzo e sésamo negro.
  • Ensalada de pasta: Canónigos, espirais de cores, tomate seco, mozzarella, mix campestre e ourego.
  • Patacas bravas
  • Patacas fritidas
  • Ensalada verde: Mix de leitugas, tomate, aceitunas e maínzo.
  • Aros de cebola
  • Fingers de mozzarella
  • Torradas de pan de paiés con tomate e aceite ou manteiga e marmelada
  • Bocadillo de tortilla de patacas: Bocadillo en formato mini de tortilla de patacas.
  • Bocadillo de tortilla de patacas e pementos: Bocadillo en formato mini de tortilla de patacas e pementos.

Vips Smart

Igual que Foster’s Hollywood, Vips tamén dispón de alternativas aos seus míticos sándwiches ou hamburguesas que te van encantar. A Veggie Burger, unha deliciosa hamburguesa de falafel, ou a pizza caprese, son dúas opcións que poderás pedir neste restaurante. Tamén poderás facer a hamburguesa e a pizza ao teu gusto para que teña os ingredientes que máis che apetezan. Ou se prefires, contas con ensaladas e entrantes polos que te podes decantar á hora de elixir que xantar.

  • Veggie Burger: Hamburguesa de falafel con tzatziki, queixo feta, chutney de tomate seco, leituga batavia, tomate e cebola vermella en pan brioche.
  • Patacas Rustic: Patatas finas con salsa Baconesa e mostaza e mel.
  • Nachos con Guacamole: Nachos de millo acompañadas de Guacamole e pico de galo.
  • Ensalada siciliana: Tomates Cherry, natural e italiano seco, mezcla de leituga romana e rúcula, perlas de Mozzarella, aceitunas negras e vinagreta de especias.
  • Aguacate toast: Tostadas de aguacate en pan de doce cerais con ovo revolto e con queixo feta e tomate seco.
  • Pizza caprese: Tomates cherry sobre unha capa de mozzarella fresca fundida con tomatiños secos.
  • Pizza margarita: Mozarella fresca fundida e ourego.
  • Hamburguesa ao teu gusto

 

Muerde la Pasta

Dentro da súa ampla variedade de pratos, poderás decantarte pola súa ensalada caprese, risotto con cogomelos, gratinado de pataca e brócoli, ademáis de outras opcións que poderás consultar co personal de cociña no mesmo restaurante, xa que a oferta gastronómica pode variar dun día a outro. Aquí deixámoste algunhas das súas opcións máis habituais.

  • Gratinado de pataca e brócoli
  • Insalata Caprese
  • Margherite allá zucca
  • Pizza de conguitos
  • Risotto Funghi

 

100 Montaditos

Se o que che apetece é picotear algo, na famosa cadea de montaditos tamén tes opcións vexetarianas. Para empezar, poderás tomar unhas aceitunas, uns nachos, unhas patacas fritidas ou unhas flocos de queixo. En canto aos propios montaditos, as opcións redúcense aos que levan tortilla (con maionesa, con leituga, cebola, pemento…) e aos que inclúen queixo (mozzarella, brie, de cabra, con tomate, leituga…).

  • Aceitunas
  • Nachos con guacamole e queixo cheddar
  • Cornete de patacas chips
  • Patacas fritidas
  • Palomitas de queixo
  • Montadito de tortilla
  • Montadito de queixo mozzarella, tomate e aceite de oliva virxe extra
  • Montadito de queixo ibérico e tomate
  • Montadito de queixo brie e tomate
  • Montadito de queixo de cabra e pesto
  • Montadito de tortilla e maionesa trufada
  • Montadito de tortilla, leituga, tomate e maionesa
  • Montadito de tortilla, cebola, pimento verde e maionesa
  • Montadito de mozzarella, tomate e pesto
  • Montadito de mozzarella, leituga, tomate e aceite de oliva virxe extra
  • Montadito de ovo duro, leituga, tomate e maionesa
  • Tosta mediterránea

Burger King

Aínda que os restaurantes de comida rápida, en xeral, non conten con moitas opcións para vexetarianos, en Burger King vas poder desfrutar dalgúns dos seus produtos, como a ensalada orixinal, as boliñas con queixo manchego, os aros de cebola, as chili cheese bites ou as súas deliciosas patacas fritidas.

  • Ensalada orixinal: Ensalada con tomate cherry, leituga, pepino e maínzo doce.
  • Boliñas con queixo manchego
  • Patacas clásicas
  • Patacas supreme
  • Aros de cebola
  • Chili cheese bites: Boliñas de queixo con chili, salsa cheddar e jalapeños.

SouSushi

Cando teñas pouco tempo para comer e prefiras coller algo para levar, pásate polo posto de sushi da planta baixa porque conta con algunhas opcións aptas para vexetarianos. Makis de aguacate e cenoria,  gyozas vexetais, ensalada de alga wakame ou tallaríns salteados con verduras son algunhas das propostas que plantexan libres de produtos animais. Consulta co personal do stand a dispoñibilidade de pratos de cada día.

La Rinconada

Neste restaurante poderás atopar unha gran variedade de pratos aptos para vexetarianos. Poderás deseñar a túa pizza ou a túa pasta ao gusto, cos ingredientes que mellor se adapten a ti. Tamén poderás escoller entre as súas ensaladas e entrantes, como o provolone ou o pan de allo, e degustar os seus canelóns de verduras.

Hebe Kebab

En canto a comida turca, as opcións son variadas. O falafel é un prato moi típico que será perfecto para as túas comidas ou ceas. Tamén ten arroz, ensaladas, hummus, pratos vexetais e donners e durums vexetais.

Vilalúa

Este restaurante galego con estilo de pulpeira ofrece unha alternativa ao seu famoso polbo ou ás súas hamburguesas. Conta cun plato vexetariano composto de: cachelos, tomate, pemento, cebola caramelizada, queixo de Arzúa e ovo. Todo isto puidéndose modificar en caso de que sexas ovolactovexetariano ou vegano.

Wok Dunhuang

É un restaurante/buffet especializado en comida asiática que se caracteriza pola fusión entre a cociña chinesa e xaponesa. Ao ser estilo buffet, a oferta pode variar, pero teñen ensaladas, verduras á grella, guarnicións, pastas… Un montón de opcións para elixir e combinar.

Cervecería Internacional

Aparte dunha gran variedade de cervexas, en La Cervecería Internacional tamén poderás atopar variedade de comida. En canto a opcións vexetarianas, teñen diferentes tipos de pasta con salsa a elixir, tortilla, ensaladas e pizzas.

No resto de locais de restauración do centro comercial, recomendámosche que consultes directamente co personal de cociña, xa que aínda que algúns non contan con pratos específicos vexetarianos na súa carta, poden ofrecerte alternativas. Agora xa o sabes, comer vexetariano en As Cancelas é doado!