Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Os imprescindibles da túa maleta para este verán

Aínda non tiveches ocasión de ir de vacacións este verán? Non te preocupes, hoxe comeza unha ponte de tres días que en Santiago alargarase ata o martes, momento ideal para organizar unha escapada e desconectar á vez que gozas do bo tempo que nos está a brindar este mes de agosto.

Catro días por diante para gozar da praia, da montaña, doutras cidades, do pobo, da familia, dos amigos ou simplemente para escapar da rutina. Ponte á procura de destino, porque coa maleta xa te axudamos nós. Hoxe no blog de As Cancelas dámosvos unha serie de consellos e facemos un repaso da lista de imprescindibles para unha fin de semana perfecta. Colle papel e boli porque, comezamos!

maleta4

Co destino escollido, o primeiro que debes facer é consultar a previsión do tempo para evitar encher a maleta de ‘por se acasos’. Aínda que o tempo sempre pode dar algunha sorpresa, a previsión meteorolóxica axudarache a prescindir de extras innecesarios.

Se vas a viaxar en avión tes que estar ao tanto da normativa que regula as cuestións relativas á equipaxe de man. Os líquidos deben ir en envases individuais de capacidade non superior a 100 ml. contidos á súa vez nunha bolsa de plástico transparente con sistema de apertura/peche e de capacidade non superior a 1 litro. En Paco Martínez podes atopar o neceser de viaxe que cumpre estes criterios.

53150072_15_01

Respecto ás dimensións da maleta de cabina, varían en función da aeroliña coa que voes. O noso consello é que te fagas cunha maleta que cumpra os requisitos de tamaño máis estritos, porque así servirache para todas as compañías aéreas. A da imaxe, cunhas medidas de 54X38X20 cm, adáptase ás esixencias das compañías low cost. É de Paco Martínez.

Imprescindibles

Para non levar máis do peso do necesario, fai unha lista de que realmente necesitas. Nestes momentos do ano, nesa lista non poden faltar un sombreiro e unhas lentes para protexerse do sol. O borsalino con cinta de raias é de H&M e as lentes de sol de última tendencia pola súa forma redonda e o seu cristal azul son de Alain Afflelou. E que son unhas vacacións se despois non podes ensinarlles as fotos os teus achegados? Coa cámara de acción Rollei de Game poderás filmar para o recordo as aventuras máis intrépidas, ata debaixo da auga.

FotorCreated4

Opta ser práctico e elixe aquelas pezas que resulten máis versátiles, como este vestido vaqueiro de Esprit, que cunhas zapatillas é ideal para percorrer todas as rúas do teu destino, e cunhas sandalias darache un toque máis chic para saír a cear. Combínao cun dos clásicos de Adidas, o modelo Gazelle, que vestirá os teus pés con comodidade e estilo. Coa batería de móbil portátil de Mr Wonderful, que poderás atopar en Phone House, non terás que preocuparte de se hai ou non enchufes na túa ruta de turismo.

FotorCreated2

Se te decantas pola praia, aproveita para ler algún dos últimos best sellers do momento que teñen en Carrefour, como ‘La luz que no puedes ver’, obra do norteamericano Anthony Doerr, premio Pulitzer de Ficción 2015. Non esquezas o importante que é protexer a túa pel dos raios solares. Para evitar queimaduras recomendámosche o protector solar en spray resistente á auga de La Roche Posay. É de fácil aplicación e telo na tenda de perfumería e cosmética Arenal. O abanico para combater o calor é de Natura, e as alpargatas navy de cordóns son de Krack.

FotorCreated

Para as noites de festa, decantámonos por dúas das tendencias da tempada, o off-shoulder (ou o que é o mesmo, os ombreiros ao descuberto) e as bailarinas con cordóns. En Primark atoparás a camisa de raias brancas e azuis, que xunto cos shorts kaki de Stradivarius e as bailarinas douradas de Zara convértense no outfit perfecto. Non te esquezas do pau selfie para inmortalizar os teus mellores momentos cando non leves o teu cámara de fotos encima. En Natura dispoñen de varios modelos con distintos deseños.

FotorCreated3

Se saes fóra de España, é moi probable que alá onde vaias non haxa persianas. Ao estar afeitas ao seu uso, son moitas as persoas que son incapaces de durmir se non reina unha profunda escuridade. Con este divertido anteface de Oysho arranxarás o problema e durmirás como un bebé. Para lucir estupenda ata nos brazos de Morfeo, combina o anteface con este camisón de algodón e encaixe, tamén de Oysho. Antes de deitarte, recorda limpar o teu rostro de impurezas e de restos de maquillaxe para que a túa pel poida rexenerarse durante a noite. Coas toalliñas de limpeza fácil de Kiko será coser e cantar.

Ata aquí a nosa lista de imprescindibles para gozar dunha escapada, que poderás atopar nas tendas de As Cancelas. Bon voyage!