Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Leccións de estilo para días de choiva

Logo dun comezo de outono de días de sol e temperaturas agradables, parece que co mes de novembro podemos dar por inaugurada a tempada de choivas en Galicia. En Santiago, que se coloca ano tras ano no podio das cidades máis chuviosas de España, falar de precipitacións é como falar da catedral ou dos peregrinos, é falar dun dos trazos máis característicos da cidade. Tendo en conta que a auga acompáñanos de media durante máis de 100 días ao ano, paraugas, chuvasqueiros e botas de auga convértense en fieis compañeiros durante a tempada de outono e inverno, por iso, hoxe no blog de As Cancelas repasamos os mellores looks a proba de chuvieiras.

Sorteo Lluvia As CancelasKate Moss, Taylor Swift, Poppy Delevingne.

Ata fai uns anos, as botas de auga utilizábanse exclusivamente como calzado de traballo, pero grazas á natureza do chan dos festivais de música do momento, como Coachella, saltaron ao rodo das tendencias da man das celebrities. Seguro que todo o mundo recorda a imaxe de Kate Moss coas botas cheas de barro gozando dos seus grupos favoritos en Glastonbury. Corría o ano 2005, e como todo o que toca Kate, converteuse en tendencia, á que se rendeu todo o universo fashionista e que a día de hoxe perdura como un básico de armario para os días de choiva.

Sorteo Lluvia As CancelasLovely Pepa, Atlantic Pacific, Alessandra Ambrosio.

Aínda que son moitas as marcas que as comercializan, Hunter reina de xeito indiscutible nos armarios de medio mundo co modelo Wellington. E é que se adaptan a calquera look: pantalóns, saias, vestidos, shorts… As combinacións son tantas como tan lonxe chegue a túa imaxinación. Con medias tupidas e vestidos non fallan. Engádelles uns calcetíns de la ao xeonllo e consegue un look do máis quentiño e orixinal.

Sorteo Lluvia As CancelasPaula Echevarría, Gisele Bündchen, Liv Tyler.

Bloggers e influencers colecciónanas a pares en distintas cores e estampados, aínda que se o orzamento é limitado o ideal é decantarse por unhas de cor lisa e neutra como o negro, o azul mariño ou o verde. Aínda que poidan parecer un calzado sport, tamén funcionan con pezas sofisticadas e femininas. Se non o cres, bota unha ollada aos looks que a estadounidense Blair Eadie comparte no seu blog Atlantic Pacific. Simplemente perfectos!

coloresAtlantic Pacific, Collage Vintage, Atlantic Pacific.

As de cana baixa ou tipo botín Chelsea con goma aos lados tamén son unha boa opción para resgardar os nosos pés dos nubarróns. Ficha o estilo de Alexa Chung, sen medias e con vestido curto, xenial para a tempada de entretempo.

botas-bajas100 Vestidos, Alexa Chung, Sarah Jessica Parker.

Os mozos non ían ser menos e tamén se apuntan á tendencia estrela da tempada de choivas, como os protagonistas da famosa serie Gossip Girl, que non dubidan en calzarse as súas botas de auga para protexerse da neve e da auga durante as rodaxes.

chicos-botas-aguaEd Westwick, Sneak Peak, Daniel Randolph.

E por suposto, os pequenos da casa, que esperan con ilusión a caída das primeiras pingas para poder xogar a saltar os charcos, e se ademais o fan con papá e mamá, mellor que mellor.  

madre-e-hijoCon Botas de Agua, Barefoot Blonde, Sarah Jessica Parker.

A parte do calzado, nos paraugas, o outro compañeiro indispensable para combater os chuvascos, tamén existen as tendencias e as modas. Os de plástico transparente e con forma de cogomelo causan furor, e é que ademais de ser bonitos, teñen o seu parte de funcionalidade, xa que che permiten ver a través deles, evitando así tropezar co resto de viandantes.

paraguasAtlantic Pacific, Paula Echevarría, Leighton Meester.

Como non podemos controlar a meteoroloxía para que en Santiago chova menos, queremos axudarche a que afrontes con estilo a tempada de precipitacións, por iso no blog de As Cancelas traémosche un súper sorteo dun ‘Kit para combater a choiva’ composto por unhas botas de auga Hunter e un marabilloso paraugas transparente.

kit-lluvia-1366x768_gl

Para participar só ha que:

  • Ser seguidor de As Cancelas en Facebook, Twitter ou Instagram.
  • Encher o formulario na seguinte ligazón.

Tedes ata o martes 8 de novembro ás 23.59 horas para participar. Podes consultar as bases do sorteo aquí.

Moita sorte!