Gozar do verán e coidarse, é posible

Publicado o 28 de Xullo de 2016

Co bo tempo estival e a multitude de plans que copan as nosas axendas durante as vacacións, parece imposible atopar un oco para coidarnos facendo un pouco de deporte. A calor, as viaxes, as festas e a deliciosa gastronomía galega, son só algunhas das distraccións que nos manteñen afastados da rutina deportiva mantida durante o resto do ano. Pero que non renda o pánico, se non queremos empezar setembro lamentándonos dos excesos cometidos, hoxe en As Cancelas facemos unha serie de propostas para queimar calorías sen pasar polo ximnasio.

Para os momentos nos que o sol acompañe, aproveita os días de praia para dar unha camiñada pola beira do mar mentres gozas da agradable brisa mariña. Se a temperatura o permite, camiñar coa auga á altura do xeonllo ou a cintura é unha moi boa forma de exercitar as pernas, xa que a resistencia que exerce a auga sobre o corpo fai que o esforzo que teñas que facer para camiñar sexa maior. Ademais, estarás favorecendo a circulación sanguínea, broncearás a túa pel e ao terminar o paseo poderás darte un refrescante baño.

No caso de que prefiras a piscina, aproveita o momento do chapuzón para nadar un pouco. Media hora de natación, o deporte máis completo que existe para fortalecer todos os músculos do corpo, mellorar a coordinación dos movementos e aumentar a resistencia cardio-respiratoria, equivale aproximadamente a unhas 200 calorías queimadas.

Outra opción moi saudable para manternos en forma, e que no inverno en Galicia complícase un pouco pola meteoroloxía, é saír a dar un paseo en bicicleta. Só, en parella ou cos nenos, aproveita o bo tempo para facer unha excursión a dúas rodas mentres gozas das vistas. Se queres completar o plan e convertelo nun día redondo, engádelle un delicioso e lixeiro pícnic. Na seguinte ligazón, atoparás a nosa selección de receitas para o pícnic perfecto.

Para os días de traballo, utilízaa como medio de transporte para chegar á oficina. Aforrarás custos, farás exercicio e non contaminarás. Se aínda non tes a túa, en Sportzone axudaranche a elixir a que máis se adapte ás túas necesidades, e ademais, cos mellores descontos.

Se es un apaixoado da natureza, aproveita a multitude de ofertas de turismo de lecer propias da tempada. Rutas de sendeirismo, barranquismo, paseos en kaiak, escalada, iniciación ao surf… Todas combinan deporte, aventura e diversión, unha moi boa opción para gozar do aire libre e das contornas naturais en grupo, con amigos ou coa familia.

Aínda que quizais a tendencia máis habitual é que no verán dispoñamos de menos tempo para facer deporte, son moitos os que aproveitan os días de vacacións para facer o que as longas xornadas de traballo non lles permiten o resto do ano. Se aínda non probaches co running, o deporte en maiúsculas do momento, pode ser un bo momento para iniciarse. Para loitar contra a preguiza, propoñémosche que marques un reto e que sigas unha rutina de adestramento para alcanzalo. Existen plans de 30 días para conseguir correr 30 minutos sen parar, ou o que é o mesmo, para afrontar a túa primeira carreira popular.

Coidar a alimentación é outro dos retos que nos expón o verán. Entre as reunións familiares, as ceas con amigos, as celebracións e demais festividades, ás veces é inevitable cometer algún que outro exceso, pero é importante non deixarnos levar demasiado. Gozar da comida sen privarse é posible se intentas reducir as cantidades inxeridas.

Como en todo, a clave está no equilibrio, así que se procuras compensar as comidas copiosas cun pouco de actividade física, poderás gozar do verán sen remorsos.