A Fashion Night ao detalle
Xa estamos ultimando os preparativos para a gran festa do venres 20 de outubro, a noite da moda en maiúsculas de As Cancelas, que este ano cumpre cinco edicións e que se converteu no evento de referencia de moda e tendencias de outono da cidade e arredores.
Unha gran celebración que, sen vós, os nosos visitantes incondicionais, non sería posible. Por iso este ano, puxemos todo o noso esforzo e empeño en ofrecervos un montón de novidades, para facer a Fashion Night unha velada inesquecible. Hoxe no blog de As Cancelas, contámosche todos os detalles da nosa gran noite da moda.
Ás 16h daremos o pistoletazo de saída á Fashion Night co inicio de reparto dos boletos para o gran sorteo de 4.000€ en vales de compra. As participacións poderase recoller gratuitamente no punto de atención ao cliente na planta baixa ata as 20:30h ou ata que se repartan 3.000 números. No escenario da planta primeira, situado xunto a Sfera, terá lugar o sorteo ás 21h. Se o número do teu boleto coincide co extraído da urna, haberás conseguido unha tarxeta regalo de 20€ para gastar nos establecementos colaboradores ata as 12 da noite. Podes consultar as bases aquí.
Se non tes a fortuna de conseguir uns dos premios, non te preocupes, xa que gran parte dos nosos operadores realizaranse descontos e ofertas especiais. Par que teñades máis tempo para facer as vosas compras, todas as nosas tendas permanecerán abertas ata a medianoite.
Animarán o ambiente e poñerán a nota musical á xornada coñecidísimos Djs, como Paulo Regueiro de Los 40, que se encargará de amenizar a festa desde as 18:30 no escenario principal da planta segunda e Silvia Neytiri, que estará no DJ set na planta primeira.
Para repoñer forzas, desde as sete da tarde ofreceremos a todos os nosos visitantes degustacións gratuítas de bebidas e produtos gourmet como xamón, empanada, algodón de azucre, flocos de millo, cervexa, café, batidos naturais, doces ou queixo, gracias á colaboración de marcas como Red Bull, Coren, Oquendo, Quescrem, Feiraco o Clesa.
Este ano, a encargada de exercer como mestra de cerimonias da Fashion Night será Alaska. A mítica cantante de Fangoria farase fotos con todos os seus fans ás dez da noite nun photocall localizado na planta segunda do centro comercial. A partir das 23:30h, na mesma planta, Alaska picará a súa música para facer bailar ata a 01:00h da madrugada.
Unha das principais novidades deste ano será o Even Red Bull Car, que estará situado na porta principal. Ademais, teremos actuacións de baile, hip hop, zumba, bailes latinos e clases de bachata. E como cada ano, haberá obradoiros de moda e maquillaxe, con especial atención ás últimas tendencias para Halloween.
Queremos que todo o mundo goce da Fashion Night sen preocupacións, por iso, habilitamos un servizo de autobús-lanzadeira gratuíto que sairá dende a Praza Galicia ata o centro comercial, e que funcionara dende as seis da tarde ata a unha da madrugada. Realizará de forma continua o recorrido entre As Cancelas e a Praza Galicia, parando unicamente nestes dous puntos.
Que gañas de que chegue xa a Fashion Night 2017, verdade? Esperámosche para celebrar a nosa gran noite da moda!