Eu vou ao cine: 7 películas por tan só 3,50€ que che encantarán
Sabías que volve a Festa do Cine? Si, si, liches ben. Durante os días 27, 28, 29 e 30 de setembro poderás visionar todas as películas que queiras por tan só 3,50€ a entrada. Irresistible, verdade?
Se xa decidiches que non te queres perder este planazo, pero todavía non sabes que largometraxe escoller, botámosche unha man deixándoche un resumo do que poderás atopar na carteleira de Cinesa As Cancelas. Escolle as túas favoritas, merca as túas entradas e goza da gran pantalla coma nunca.
Cry Macho
O novo de Cleant Eastwood xira en torno a Mike Milo, unha estrela do rodeo que ademais adícase á cría de cabalos. No 1979 acepta o traballo dun antigo xefe para traer á súa casa ao seu fillo dende México. Esta extraña parella verase obrigada a enfrentarse a un periplo repleto de dificultades imprevistas mentres viaxan por estradas secundarias para volver a Texas.
https://www.youtube.com/watch?v=frZyWUUNmqU&list=PLldXy21jz37CY2s-PKbRJCq0BTMvXUQtb
No respires 2
Anos despois da primeira parte, o noso protagonista, un home cego, decide acoller a unha nena orfa e criala coma se fose súa. Nesta película todo xira en torno ao secuestro da rapaza e como o home ten que saír do seu refuxio seguro para ir na súa busca e deste xeito poder salvala. Conseguirao?
Maixabel
No ano 2000, o marido de Maixabel Lasa, Juan María Jaúregui, morre asesinado por ETA. Once anos máis tarde, un dos asasinos pide entrevistarse con ela dende o cárcere onde cumpre cadea tras romper os seus lazos coa banda terrorista. A pesar da inmensa dor que sinte, accede á petición e volve a atoparse coas persoas que acabaron a sangue fría co seu compañeiro de vida.
Shang-Chi y la leyenda de los diez anillos
O último produto da factoría Marvel ten coma protagonista a un home adestrado nas artes marciais que desenvolve unhas grandes habilidades. A trama da historia xira en torno á loita interna que ten este persoaxe ao ser fillo dun poderoso criminal e tratar de aceptar o seu destino.
Dune
Paul Atreides é o protagonista desta historia de aventuras épica, un mozo brillante que deberá viaxar ao planeta máis perigroso do universo para garantizar o futuro da súa familia. Mentres as forzas do mal loitan por conseguir o poder de desbloquear todo o potencial da humanidade, solo os que consigan dominar os seus medos sobrevivirán.
La patrulla canina: La película
A banda de catro patas máis famosa para o público infantil da o salto á gran pantalla para tratar de salvar aos cidadáns da Ciudad Aventura, enfrentándose ao seu maior rival, o novo alcalde da cidade. Para logralo, unirase ao grupo formado por Chase, Marshall, Rocky, Sky e Zuma, un novo persoaxe, a intelixente cadeliña Liberty.
García y García
Intentando salvar a aeroliña chamada Hispavia, contrátase á vez a un experto mecánico e a un consultor de aeroliñas, con tan mala pata que ambos se chaman da misma maneira, o que dará lugar a un sen fin de hilarantes equivocacións. Se che encantan as comedias españolas, coa incrible interpretación de José Mota e Pepe Viyuela, pasaralo en grande.
Como novidade fronte a outras edicións, non será necesario acreditación para gozar destos precios especiais, así que escolle as túas favoritas e… a pasalo ben nas salas de cine!