Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Día do libro: 7 lecturas imprescindibles para gozalo

Un bo libro pode mesmo cambiar a vida a unha persoa. E é que hai obras que parecen estar pensadas e escritas para unha persoa en concreto. Historias nas que involucrarse, coas que empatizar, nas que sentir a trama coma se fose propia. Por lecturas así, queremos celebrar o día do libro ao grande con sete recomendacións que están a causar sensación no panorama literario.

Unha xaula de ouro, Camila Läckberg

Esta é unha desas novelas nas que o tempo se che pasará voando sen saber moi ben como. Faye é unha muller cun escuro pasado, que conseguiu todo o que sempre soñara na vida: un marido atractivo, unha filla á que quere e, sobre todo, unha vida chea de luxos e opulencia. Pero un bo día, todo vaise ao traste poñendo a seguridade da súa acomodada vida patas arriba. É entón cando Faye terá que adaptarse, loitar e sobrepoñerse á nova situación. Un camiño longo e non exento de obstáculos que, ademais, non será de balde, xa que a vinganza veu para quedar e arrasará con todo.

Todo o que non poido dicir, Emilie Pine

Composta por unha colección de ensaios, a última obra de Emilie Pine en formato autobiográficos chega para poñer fin ao silencio das mulleres. A autora fálanos con total sinceridade de sucesos que nin sequera admitira ante ela mesma: a súa imposibilidade de quedar embarazada, o alcoholismo do seu pai, violacións e adiccións. Esta é a súa historia, pero tamén a de moitas mulleres. Un libro totalmente sincero e sabio que trata do que significa estar viva, un acto de rebelión contra unha sociedade que prefire silenciar a este colectivo.

A nai de Frankenstein, Almudena Grandes

Ano 1954, o novo psiquiatra Germán Velázquez volve a España tras saír ao exilio en Suíza quince anos atrás, para traballar no manicomio de mulleres de Ciempozuelos, en Madrid. Alí reencontrarase con Aurora Rodríguez Carballeira, unha parricida intelixentísima que lle fascinou xa aos trece anos, e coñecerá a María Castejón, auxiliar de enfermería. Germán síntese atraído por esta última, e non entende o seu rexeitamento. Ambos queren fuxir dos seus pasados, e aínda que queren darse unha oportunidade, viven nun país humillado.

KM 123, Andrea Camilleri

Último thriller do autor Andrea Camilleri antes da súa morte. Giulio acaba de ter un accidente no quilómetro 123 na Via Aurelia de Roma. Ester tenta contactar con el, pero ten o móbil apagado. Con todo, é Giuditta, a muller de Giulio, quen conecta o móbil, e non ten nin idea de quen é Ester. Unha testemuña afirma que o accidente foi en realidade un intento de asasinato, polo que a investigación é asignada ao inspector Attilio Bongioanni, quen deberá enfrontarse a un caso no que nada é o que parece.

A psicóloga, Helene Flood

Esta novela iníciase coa historia da psicóloga Sara, cuxo marido desaparece sen deixar rastro unha mañá na que lle di que se vai cos seus amigos para pasar a fin de semana a unha cabana. Horas despois, Sara recibe unha chamada dos amigos do seu marido preguntando por el. É ese o momento no que comeza a súa agonía: Por que lle mentiu o seu marido? Onde está? Estará ben?

O latexo da terra, Luz Gabás

Volve a autora de ‘Palmeiras na neve’ coa súa nova novela ‘O latexo da terra’. Alira é a herdeira da mansión e as terras que a familia posúe desde fai xeracións. Os problemas económicos e unha casa cada vez máis difícil de manter, fan que nosa protagonista teña cada vez máis dúbidas sobre se manterse fiel ás orixes ou adaptarse aos novos tempos. Pero por se isto fose pouco, a desaparición dun dos hóspedes da casa e a ocupación das demais casas que aínda quedan en pé, súmanse ás súas preocupacións.

O fillo do século, Antonio Scurati

Esta obra constitúese como unha novela biográfica baseada nun momento da historia italiana marcada polo liderado dun home: Benito Mussolini. A través da vida deste personaxe histórico, o autor trata a historia dun país que viu crecer e triunfar o fascismo, pero tamén explica a popularidade dun líder carismático e como moita xente cría que esta época foi de prosperidade e estabilidade para o país.