Corre, non pares
Para que non pares de correr por moi duras que sexan as condicións meteorolóxicas, Adidas Santiago de Compostela e a súa gama de produtos climaheat preséntache as seguintes pezas e calzados deportivos para que desafíes ao tempo invernal, grazas a un óptimo illamento térmico e un absoluto control da humidade do corpo.
Chaqueta con carapucha Climaheat
Deseño, calidade e versatilidade van unidos da man nesta chaqueta de training para muller, ideal para adestrar con baixas temperaturas, posto que, debido á tecnoloxía Climaheat, conserva a calor do propio corpo e expulsa a suor. Lembra que Adidas Santiago de Compostela pode ser o teu mellor aliado para o inverno.
Mallas longas Running
Sen dúbida, Adidas Santiago de Compostela e Stella McCartney (creadora deste deseño) é unha perfecta unión da que só podía saír unha peza selecta e funcional, como estas mallas ideais para practicar running co máximo confort, calidade e deseño. Unha peza que se axusta perfectamente ao corpo, con tecido transpirable que mantén a calor, e con dobre capa na cintura (capa interior de punto) para gozar de maior comodidade.
Zapatilla Climaheat Sonic Boost
Deseñadas para ofrecerche unha magnífica amortiguación e proporcionarche o maior impulso, estas zapatillas de running para home, grazas ao emprego das tecnoloxías máis avanzadas aplicadas ao calzado deportivo, son perfectas para protexer os teus pés do frío, posto que contan cunha sola especialmente deseñada para o inverno, ademais dun panel de tecido (HEATGUARD) ao redor dos nocellos para mantelos a unha temperatura ideal para correr.