Consellos para aforrar na cesta da compra

Publicado o 24 de Agosto de 2016

Logo de gozar un estupendo e divertido verán, atopámonos espremendo os últimos días de agosto para dar paso ao mes de setembro, sinónimo da volta ao cole, á rutina, ao traballo, aos horarios e ás obrigas. Sen dúbida, setembro é un mes complicado, pero sobre todo para as familias, que afrontan o final da tempada estival cun gran volume de gastos. Matrículas, uniformes, libros, abonos de transporte, material escolar ou todo o necesario para equipar unha vivenda de universitarios, forman parte da lista de cargos que fan vivir á túa conta corrente un dos seus peores momentos do ano.

A todo isto hai que sumar a necesaria gran compra da volta das vacacións, momento no que a túa neveira e a túa despensa se atopan nun nivel crítico de reservas. Hoxe no blog de As Cancelas facemos unha lista de trucos e consellos para que poidas aforrar na cesta da compra para superar cun pouco máis de aire a costa de setembro.

Fai unha lista do que vas comprar, parece algo moi evidente, pero é de vital importancia se non queres volver a casa coas bolsas cargadas de cousas innecesarias. Ademais de facer unha lista, debes cinguirte a ela e comprar unicamente o que necesites, así tamén evitarás desperdiciar comida. Se pecas de mala memoria e adoitas esquecer a lista en casa, existen varias aplicacións gratuítas para descargar no teu smartphone, como Out of Milk o Mis Comprasque che axudarán a levar conta do que necesitas e do que tes na despensa.

lista-compra-55727

Planifica un menú semanal tendo en conta os produtos de tempada. As túas comidas serán máis saborosas xa que os alimentos estarán no punto óptimo para o seu consumo, o teu peto notará o aforro, e estarás consumindo de forma sostible. A planificación das comidas farache comer máis san e axudarache a distribuír o teu tempo dunha forma máis eficiente. Fai unha lista da compra básica semanal e engade produtos segundo os menús que establezas. Se dispós de pouco tempo para cociñar, podes dedicar un día á semana á preparación dos menús e despois conservalos na neveira ou conxelalos.

Coa lista xa confeccionada e unha vez no supermercado, son moitos os consellos a ter en conta, como evitar ir antes de comer ou cando tes fame, planificar a visita o día que haxa máis ofertas, comparar os prezos e a calidade dos produtos de marca branca cos das outras marcas ou reducir a frecuencia de visitas intentando ir unha vez e comprar todo o que necesitas. E non esquezas comprobar o tícket de compra antes de saír, pode que algún artigo estea mal etiquetado ou que por erro non se che aplique un desconto ou promoción.

carrefour--647x231

Para conseguir os mellores prezos, recoméndase aproveitar as vantaxes de cupóns e tarxetas de fidelidade, como a do Club Carrefour; comprar grandes cantidades de produtos que non se estraguen, xa que o prezo individual adoita ser mellor ao comprar packs; comparar o prezo por unidade dos artigos, xa que ás veces nos despistamos cando a cantidade que traen é distinta, e optar polos produtos frescos dispensados directamente na chacinaría, carnicería ou peixería, para controlar mellor o que compras e alixeirar o valor do tícket final.

img_imprimeCupones

 

A ordenación e conservación dos alimentos é un factor moi importante á hora de optimizar as túas compras, xa que unha parte da cesta acaba directamente no lixo sen pasar polas nosas mesas. Para evitalo, ordena correctamente a despensa, o comprado recentemente debe ir ao fondo e o anterior en primeira liña; e coloca correctamente os alimentos na neveira, abaixo os produtos que necesiten máis frío, nos caixóns froitas e verduras, e nas baldas centrais, iogures e lácteos. Os produtos como o arroz, fariña ou pasta, unha vez abertos deben gardarse en recipientes herméticos para que non se estraguen.

Cando nos sobre comida, non debemos desbotala. Algúns restos son ideais para preparar outros pratos, como as croquetas, que se adoitan nutrir desa carne que sobrou da cea ou deste friame que estaba próximo a estragarse. Se te pasaches coa cantidade de comida e non che apetece comer o mesmo dous días seguidos, opta pola conxelación, agradecerás ter pratos preparados para facer fronte a calquera imprevisto. E se vas de restaurante e non podes co que pediches, que non che dea vergoña solicitar que cho poñan para levar, é unha práctica que cada vez se estende en máis países e coa que todos gañamos, xa que os restaurantes diminúen a súa cantidade de residuos e os consumidores aproveitan os restos para outra comida.

Menos-desperdicios-para-frenar-el-cambio-climatico1

Levando a cabo estes pequenos consellos, notarás como aos poucos o aforro aumenta, e aínda que ás veces poida parecer pouco gastar 2€ menos en cada compra, ao longo do ano suman unha cantidade importante que pode ser destinada a outros gastos. Xa sabes, un gran non fai celeiro pero axuda ao compañeiro, e nós tamén queremos axudarche a afrontar setembro dunha forma máis liviá, por iso, sorteamos un carro da compra valorado en 100€! Si, si, como les.

CarroCompra_1366X768

Para participar tan só tes que:

Tes ata o mércores 31 de agosto ás 23.59 horas para participar. Podes consultar as bases do sorteo aquí.

Moita sorte!