Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Celíacos: opcións para comer en As Cancelas

Estímase que aproximadamente un 20% da poboación adulta sofre algunha intolerancia alimentaria cuxos síntomas adoitan ser maioritariamente gastrointestinais, aínda que tamén poden producir afeccións do sistema respiratorio, neurolóxico e outros problemas de saúde. As máis comúns son as relacionadas coa fructosa, a histamina, a lactosa e o famoso glute, presente en cereais como o trigo, a cebada ou o centeo, e que provoca danos na membrana mucosa do intestino delgado das persoas que a padecen.

O único tratamento para as persoas que padecen celiaquía é cinguirse a unha estrita dieta de alimentos sen glute, algo fácil de cumprir se comes en casa, pero que se volve complicado cando toca saír a comer fóra. Conscientes da dificultade que supón para as persoas con intolerancia ao glute comer en bares e restaurantes con total tranquilidade, hoxe no blog de As Cancelas facemos un repaso das opcións de restauración coas que conta este colectivo no centro comercial. Malia que que aínda é tarefa pendente nalgúns locais, a continuación contámosvos onde contan con carta sen glute e que pratos teñen dispoñibles.

Ginos

O coñecido restaurante italiano propón opcións de pizza e pasta libres de glute, e varias das súas sobremesas máis famosas para completar o menú. Cando veñas comer a Ginos, indica ao teu camareiro que vas consumir pratos sen glute para que poida ofrecerche o asesoramento nutricional máis completo.

  • Spaghetti Bolognese

  • Pizza Prosciutto

  • Pizza Piemontese

  • Tiramisú

  • Cioccolatissimo

VIPS

En As Cancelas temos a sorte de contar na nosa de oferta de restauración cunha das cadeas pioneiras en ofrecer pratos sen glute, que ata recibiu o premio FACE (Federación de Asociacións de Celiacos de España) á mellor proposta de restauración para celíacos.

  • Nachos tex Mex

  • Sándwich Mixto

  • Cheese Burger

  • Sándwich VIPS Club

  • Brownie

  • Tortiñas

  • Frozen Yogurt

Udon

Dentro da oferta da cadea de comida asiática, os intolerantes ao glute poden gozar do prato máis coñecido da gastronomía tailandesa, o pad thai, composto por tallaríns de arroz salteados con lagostinos, cenoria e outros ingredientes, que encaixan á perfección cunha das súas sobremesas máis solicitadas, o coulant de chocolate.

  • Pad Thai

  • Coulant de chocolate

100 Montaditos

Pero se o que che apetece é picar algo, na famosa cadea de montaditos tamén tes opcións sen glute. Ademais de poder tomar unha refrescante xerra de cervexa Cruzcampo sen glute, para comer poderás elixir entre o montadito de polo cajún e salsa BBQ, o montadito de bacon afumado e queixo ibérico ou a bolsa de patacas chips sen glute.

Cambalache

Parte dos seus pratos italianos con toque arxentino, tamén son aptos para os intolerantes ao glute, e é que da carta de pizzas poderás escoller entre a de xamón, a de cinco queixos ou a de atún, mentres que dentro das opcións de pasta ofrécennos macarróns con salsa de tomate, espaguetis con salsa de tomate, macarróns con salsa boloñesa e espaguetis con salsa boloñesa.

  • Pizza de xamón

  • Pizza cinco queixos

Muerde la pasta

Dentro da súa ampla variedade de pratos, gran parte das ensaladas son aptas para as persoas que sofren celiaquía, ademais de arroz ou outras opcións que poderás consultar co persoal de cociña no mesmo restaurante, xa que a oferta gastronómica pode variar dun día a outro.

  • Gratinado de patacas con brócoli

  • Alas de polo á mediterránea

Burger King

Aínda que se o que che encantan son as hamburguesas de Burger King, desde a cadea de fast food ofrécennos a clásica cheese burger, acompañada dunha saudable ensalada en lugar das patacas fritidas.

  • Cheese Burger

Loops&Coffee

Para tomar algo a media mañá ou a media tarde, pasa por Loops&Coffee e elixe entre as súas múltiples variedades de cafés, chocolates á cunca, smoothies, zumes naturais ou xeados de bola.

 

Pans&Company

Canto tes pouco tempo para comer un bocadillo rápido adoita ser a mellor alternativa, e en Pans&Company tamén dispoñen de varias opcións sen glute: bocadillo de pollo con queixo, bocadillo de bacon con queixo e canciño quente.

No resto dos locais de restauración do centro comercial, recomendámosche que consultes directamente co persoal de cociña, xa que aínda que algúns non contan con pratos específicos sen glute na súa carta, poden ofrecerche alternativas de carnes ou peixes á grella, como en Cervecería Lois.