Celi cumple tres anos!
Xa non queda nada para vivir un dos días máis máxicos do ano nas Cancelas, e é que o vindeiro sábado 17 de setembro, a nosa querida mascota Celi celebrará o seu terceiro aniversario cunha gran festa á que están invitados todos os seus pequenos amigos.
Os que xa compartiron co noso adorable extraterrestre algún dos seus aniversarios anteriores, seguro que están contando os días para poder gozar dunha xornada cargada de maxia, felicidade e diversión. Para os que se estrean este ano, hoxe no blog de As Cancelas contamos todos os detalles da que promete ser a festa infantil do ano.
https://youtu.be/dmUthVx2o4o
Os nenos e nenas que queiran asistir e sexan socios do Club de Celi, tan só terán que recoller a súa pulseira identificadora para poder gozar das máis de 30 actividades gratuítas, ensinando o seu carné nos puntos de información da planta 0. Os que non sexan socios poden inscribirse no momento nos mesmos puntos de información, conseguindo así a pulseira identificadora da festa.
Dende as 11:00 da mañá e ata as 21:00 da noite, contaremos con opcións de lecer infantil para todos os gustos, dende clases de baile impartidas polos profesionais da academia Pasito de Baile, xogo de construcións xigantes, obradoiros de chapas e reciclaxe, ata unha pista americana xigante de 30 metros.
Nesta edición repetiranse as actividades de máis éxito do pasado ano, como o tren infantil, os inchables, os obradoiros de maquillaxe e globoflexia, ou os bautismos hípicos, realizados en colaboración co Centro Hípico Haras de Compostela, pero tamén se incorporan ao programa lúdico outras propostas máis novidosas.
E
O enorme barco pirata que atracará no aparcadoiro exterior do centro comercial, e que chega por primeira vez a Santiago, promete ser a atracción estrela deste ano xunto co paintball láser, o simulador de surf e a gran carpa de videoxogos. Para repoñer forzas de tanta adrenalina, teremos un posto de refrescantes granizados e outro de esponxosos algodóns de azucre.
L
A oferta de actividades, que se distribuirá ao longo das tres plantas do centro comercial e do aparcadoiro exterior, está pensada para o goce de nenos e nenas de todas as idades, desde os 2 anos ata os 14 aproximadamente, e ata para os papás e mamás máis atrevidos.
Pere Tobaruela, recoñecido escritor e autor de ‘Celi, camiño das estrelas’ tampouco quería perder a festa da nosa querida mascota, polo que será o encargado da sesión de contacontos que terá lugar ás 20:00 horas.
E para poñer o broche final á gran celebración, Celi repartirá ás 20:30 horas entre todos os asistentes unha gran torta de lambonadas. Ademais, contaremos cun divertido fotomatón de El Correo Galego para que todos os invitados de Celi poidan levar a casa unha portada do diario coa súa foto como lembranza.
E ti, valo a perder?