Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Benvido outono, benvido cambio de armario

Aínda que cada vez contamos con máis pezas de roupa versátiles e atemporais que utilizamos durante todo o ano, ao chegar a fin do mes de setembro, o armario pídenos un cambio. Retiramos as bermudas, bañadores e sandalias e damos a benvida aos abrigos, xerseis e bufandas. Mentres que o bo tempo non nos diga adeus definitivamente, parece que nos resistimos a asumir a entrada do outono nas nosas vidas, pero máis vale previr que curar se non queremos que o primeiro temporal da tempada nos pille co bikini posto.

Hoxe no blog de As Cancelas repasamos os mellores trucos para optimizar e facer máis levadío o cambio de tempada no armario. Aínda que nos dea moita preguiza, é moi necesario porque senón nunca saberemos a roupa que temos e sempre vestiremos igual.

A primera das tarefas a realizar, e que facilitará moito o resto delas, é sacar toda a roupa do armario e aproveitar para limpar ben o po. Ter todas as prendas á vista axudarache a facer balance do teu vestiario ao completo, incluíndo todo o que xa nin lembrabas que tiñas. Se non tes ambientador, é o momento de facerte cun para evitar a aparición de trazas e malos cheiros na roupa. E se xa utilizas un, aproveita para substituílo por un novo.

1

Con todas as prendas xa fóra do armario, o seguinte paso e revisalas para retirar todas aquelas que xa non che acaian, non te gusten ou simplemente non puxeras nestes dous últimos anos. Iso tamén inclúe ese pantalón tan bonito dun talle menos que compraches confiando en que estiraría ou aquela camisa tan de moda coa que nunca te acabaches de ver. Sabemos que ás veces custa desprenderse de certas pezas, pero hai que pensar que poden ter unha vida mellor xunto a outras persoas. Doa ou regala todo aquilo que se atope en bo estado e recicla o que non serve para reutilizar. Sabías que cada vez máis tendas implementan iniciativas de reciclaxe para pechar o ciclo da produción téxtil?

2

Antes de gardar o que non volverás poñer ata o vindeiro ano, repasa botóns, costuras e asegúrate de que non haxa manchas nin danos. O consello é gardar a roupa limpa e pranchada, para evitar que se humedeza, mareleza ou se estrague, nun lugar seco, con pouca luz solar e cunha temperatura agradable. É recomendable poñer etiquetas ou rótulos nas caixas ou bolsas para identificar o contido de cada unha, por se de súpeto necesitas algo puntual. Para o calzado que teñas almacenado en caixas podes pegar unha foto de cada par no lateral para ter todos os pares perfectamente identificados.

3

Unha vez almacenada a roupa que non nos volveremos poñer ata o vindeiro verán, procederemos a organizar a do outono, que é a que permanece connosco os 365 días do ano, como as camisetas básicas, os jeans, a cazadora vaqueira, o trench ou a cazadora de coiro. O ideal é ordear por categorías, colocando todas as pezas do mesmo tipo xuntas e en escala de cores. Desta forma terás unha idea clara das pezas coas que contas cada tempada.

Á hora de escoller que é o que vai colgado ou dobrado, hai que fixarse se as teas se engurran moito ou non, aínda que é recomendable que camisas, chaquetas, vestidos, saias ou pantalóns se coloquen en perchas, para evitar pasar o ferro ás pezas dúas veces. As camisetas, suadoiros ou xerseis poden ir dobrados, pero evita facer pilas enormes porque así será máis difícil controlar todo o que tes. As pezas máis delicadas, como as que levan apliques, brocados ou abelorios deben colgarse do revés e de forma individual, e as pezas de pel en fundas de tea, nunca en bolsas de plástico, para que a pel transpire.

4

Un dos aspectos máis importantes a ter en conta antes de poñerte mans á obra co cambio de armario é buscar un momento de tranquilidade e afrontalo como algo divertido que nos vai reportar numerosas vantaxes. Se o fas ás presas e con desgana só conseguirás que o momento xere estrés. Aínda que inicialmente seguro que se che ocorren mil plans mellores antes de dedicar unha tarde a actualizar o teu armario para a nova estación, asegurámosche que despois de facelo, sentiraste moito mellor.