Batch Cooking: cocina mellor e en menos tempo
Co comezo de ano, todos facemos as nosas listas persoais de propósitos para cumprir durante os próximos doce meses. Unha boa idea de obxectivo para conseguir comer mellor e cociñar en menos tempo é iniciarte na técnica do Batch Cooking, cociñar en lotes, ou Meal Prep. Trátase de organizar o teu tempo e os teus recursos para conseguir cociñar a maior parte das comidas de toda unha semana en apenas unhas dúas ou tres horas.
Se es dos que teñen un ritmo de vida moi atarefado e pouco tempo para investir entre os fogóns, súmate a esta corrente e conseguirás optimizar a túa enerxía e tempo, reducindo á vez o desperdicio de comida. E sempre con propostas de receitas saudables, ricas e, o que aínda nos gusta máis, moi rápidas e fáciles. Tanto se comes na casa ou se necesitas levar a comida á oficina ou ao teu centro de traballo, o Meal Prep será o teu mellor aliado.
Hoxe desde o blog de As Cancelas queremos darte as claves para iniciarte no Batch Cooking e que goces máis comendo saudable.
1. Faite con tuppers de calidade
Xa que imos necesitar conservar moitos alimentos para que estean perfectos no momento da semana que elixamos para consumilos, é fundamental contar cos recipientes idóneos para que non se oxiden, nin se alteren as súas propiedades ou se modifiquen os seus sabores.
A nosa recomendación é utilizar envases de materiais saudables como os envases de plástico ou tarros de vidro con tapas herméticas ou as bolsas de silicona con peche de tipo zip. Debemos valorar o tamaño das racións e elixir se queremos conservalo xunto ou de maneira individual, no caso de que, por exemplo, alguén da familia necesite levar a súa porción. Desta maneira, a comida durará perfecta no frigorífico toda a semana e tamén poderás conxelar o que necesites da mellor forma. Ademais, estes envases poden ir directos do conxelador ao microondas sen risco de alterar o alimento nin o seu sabor.
Un exemplo de recipientes de calidade para gardar os teus alimentos son estes sets de Carrefour. No hipermercado podes atopar unha ampla variedade de envases con diferentes formas e capacidades para elixir os que máis se axusten ás túas necesidades.
2. Planifica o teu menú semanal: pensa e logo compra
A principal característica do Batch Cooking é a organización. Resulta clave dedicar un pouco de tempo a planificar o menú semanal e preparar a lista da compra para que non se che esqueza ningún ingrediente nin se che quede nada esquecido ao fondo do frigorífico.
A gran vantaxe que nos ofrece a planificación é que nos garante un equilibrio. Se temos claros os menús con antelación, poderemos repartir os nutrientes que debemos inxerir e fuxiremos do clásico de facernos calquera cousa para saír do paso, algo que moitas veces non resulta demasiado apetecible nin tan saudable como nos gustaría.
Unha vez teñamos a lista da compra feita a medida dos nosos menús, poderemos saír a comprar o que necesitemos. Desta maneira, podemos cociñar os alimentos frescos como o peixe ou as verduras, inmediatamente despois de compralos e non tras uns días na nosa neveira, conseguindo o seu máximo sabor e aproveitando toda a súa calidade.
A idea é elixir un día e dedicar unhas horas para elaborar diferentes receitas para os días seguintes e así reducir traballo e tempo na cociña.
A modo de inspiración deixámosche estes consellos para organizar o teu menú semanal da psicóloga e nutricionista Itziar Digón, que che poden ser de gran utilidade.
- 2 cremas de verduras para cociñar e logo conxelar.
- 2 guisos de culler para cociñar e conxelar.
- 2 tipos de verduras para ter frescas en casa.
- 3 tipos de froitas diferentes para ter no noso frutero.
- 1 prato de carne: tenreira, ave ou porco.
- 2 pratos de peixe: branco ou azul.
Hai moitos planificadores que che axudan a organizar infinidade de receitas e ideas para os teus menús semanais. Deixámosche un par deles que podes atopar en Stradivarius, por se che interesa botarlles unha ollada.
3. A cociñar!
Primeiro, ten a man todos os utensilios de cociña que vaias necesitar, coitelos, táboas de cortar, potas, …
No caso de que non teñas un bo set de coitelos para cortar os diferentes tipos de alimentos, ou che apeteza renovar o teu, recomendámosche estes dous, ambos os dispoñibles no hipermercado Carrefour.
Despois, dálle ao play á túa lista de música favorita de Spotify e empeza a cociñar!
Recomendámosche comezar cortando todas as verduras e facendo os sofritos para os guisos e outros pratos. Mentres tanto, coce os alimentos que requiran dun tempo máis longo para estar no seu punto. Pensa no acompañamento para varias comidas e fai o dobre ou triplo de cantidade.
4. Algunhas receitas de inspiración
Se xa estás preparado para iniciarctee no Bath Cooking pero fáltache inspiración para decidir que pratos preparar, deixámosche a nosa selección de favoritos da canle de Youtube de Carrefour, onde poderedes atopar unha chea de receitas fáciles e deliciosas da man de Fabián León. Esperamos que che gusten tanto como a nós.
Crema de porros, cabaza e azafrán con ricota
Ingredientes:
- 1 porro
- AOVE
- Tomiño ou romeu fresco
- Sal e pementa
- 1 bolsa de cabaza conxelada
- Azafrán
- Caldo de verduras
- Ricota fresca
Crema de cenoria e leite de coco
Ingredientes:
- Media cebola
- Xenxibre
- AOVE
- 7 cenorias
- 1/2 litro de caldo de polo
- 1 lata de leite de coco
- Sal e pementa
Guiso de setas e garabanzos
Ingredientes:
- 400 gr garavanzos
- Cogumelos Shitake
- AOVE
- 1 cebola picada
- 3 dentes de allo
- 1 pemento verde
- 2 follas de loureiro
- 2 culleradas de pementón doce
- 1 cullerada de pementón picante
- 1 cullerada de comiño moído
- 200g de tomate natural triturado
- 1 cullerada de maicena
- Sal e pementa
Tacos de solombo con mel e rúcula
Ingredientes:
- Solombo
- Xenxibre fresco
- 3 dentes de allo
- 1 feixe de espárragos verdes
- 3 culleradas de mel
- Salsa de soia
- Corn Flakes
Rodaballo con coliflor e brotes
Ingredientes:
- 1 lombo de rodaballo
- 1/2 coliflor
- 1/2 litro de leite
- Sal e pementa
- 1 noz de manteiga
- Follas de rúcula
Arroz integral con berenxenas teriyaki
Ingredientes:
- 1 berenxena
- Arroz integral
- AOVE
- 1 allo
- Xenxibre fresco
- Sal e pementa
- Salsa teriyaki
- Coandro fresco
O Batch Cooking permítenos deixar espazo á nosa imaxinación e crear combinacións que se saen das típicas que sempre temos na nosa mente. Así podemos comer ben e variado sen investir demasiado tempo dentro da cociña cada día. E lembra, canto máis tee organices, menos enerxía e recursos invistes e máis poderás gozar do teu tempo libre.
Simpan nama, email, dan situs web saya pada peramban ini untuk komentar saya berikutnya. Alindo Asosiasi Luminer Indonesia. Comparatif cialis au meilleur prix – Acheter Viagra Avec Ordonnance. cialispascherfr24.com Jul 20 Posted in Uncategorized.