As 7 películas que non te podes perder na Festa do Cine
Estamos seguros de que esta semana valo pasar de cine, por que? Pois porque volveu a Festa do Cine! Goza da túa entrada a 3,50€ e vai ver as películas que máis che gusten da nosa carteleira, hai unha chea dispoñibles! Pero, para os indecisos, traemos as recomendacións perfectas para encher as túas tardes de flocos de millo fronte á gran pantalla.
Avatar
Non poderíamos empezar por outra película. O blockbuster de James Cameron volve ás pantallas por tempo limitado e é unha opción perfecta para os fans da película que se sintan nostálxicos e para aqueles que aínda non a viran. Non hai nada como regresar ao mundo de Pandora co teu par de lentes 3D. Xa sexa para revivir a experiencia ou para descubrir a historia dos Na’vi e Jake Sully, non quererás deixala pasar.
A rapaza salvaxe
Esta adaptación da novela de Delia Owens é unha opción fantástica para aqueles que teñan ganas de thriller. Conta a historia de Kya, unha moza orfa que se criou nos pantanos de Carolina do Norte, cando un home co que mantivo unha relación aparece morto, Kya terá que enfrontarse ás acusacións da comunidade que sempre a repudiou.
Non te preocupes querida
Ningunha listaxe de películas este outubro pode permitirse non incluír este filme. Un thriller psicolóxico protagonizado por Florence Pugh e Harry Styles que se ambienta no Estados Unidos dos anos cincuenta. Alice é unha ama de casa que vive na cidade de Victory, un lugar idílico onde todas as súas necesidades están cubertas. Todo é perfecto ata que Alice empeza a darse de conta de que a súa vida está cimentada sobre algo moito máis sinistro ao que terá que enfrontarse…
Smile
Imos ao xénero de terror con Smile. Mergúllate no mundo da psiquiatra Rose Cotter, que, tras un incidente traumático cunha paciente, ve como a súa vida dá un xiro, levándoa a un novo universo de inquietude e horror. Poderá sobrevivir ao ente que a persegue entre sorrisos sinistros? Descúbreo esta semana!
Spiderman: No Way Home
Do mesmo xeito que Avatar, a semana do cinema devólvenos este fito para os fans de Spiderman. Revive o éxito de Marvel que reúne ás túas encarnacións favoritas do superheroe, sexas máis de Tom Holland, Tobey Maguire ou Andrew Garfield está garantido que o pasarás en grande.
Viaxe ao paraíso
Ganas dunha comedia romántica? Se Pretty Woman é unha película que nunca te perdes cando a botan na tele, encantarache o regreso deste icónico dúo. George Clooney e Julia Roberts reencóntranse na gran pantalla coa historia dun matrimonio divorciado que viaxa a Bali para evitar que a súa filla cometa o mesmo erro que eles.
A vida padre
Se a comedia e o cinema español son o teu, recomendámosche esta película de Joaquín Mazón. Pártete da risa con Mikel, cuxo día a día como chef con dúas estrelas Michelín queda patas arriba co regreso do seu pai, Juan, que desapareceu hai 30 anos e volveu con amnesia.