As 6 tendencias en bolsos para este outono

Publicado o 17 de Setembro de 2019

Botaches un ollo xa ás tendencias en bolsos que chegan esta tempada? E é que aínda que estés a pensar no marabilloso bolso de vimbio que mercaches este verán e que o tempo aínda acompañe para lucilo, as tendencias deste outono xa están aquí para quedarse. Dende os modelos maxi, para as que levan a casa a costas, ata os modelos máis trendy e pequenos para saír de festa: esta tempada atoparalos todos!

Hoxe no blog de As Cancelas traémosche as seis tendencias en bolsos que non podes deixar escapar. Segue lendo para descubrir a nosa selección!

Modelos XXL

Se es das que saben levar o xusto e necesario, e levas no bolso todos os por se acasos posibles, estes serán perfectos para ti. Os modelos XXL causarán sensación este outono, e son o complemento perfecto para os teus looks de oficina.

Formas xeométricas

Encántache a forma redonda do teu bolso de vimbio deste verán? Pois non te preocupes, porque poderás seguir levando bolsos redondos durante todo o outono. E é que os bolsos con formas xeométricas están de moda.

Con cadea

É o modelo máis clásico e que non pasa de moda. De pel, tweed, un pouco máis grandes ou un pouco máis pequenos, pero sempre cunha cadena que colgar do ombro. Aínda non tes un destes na túa lista de desexos?

Acolchado

Este é o accesorio fashionista da tempada, que só levarán as máis atrevidas. Es unha delas?

Baixo o brazo

Esta é outra das tendencias da tempada. Dun tamaño un pouco superior á dun clutch, este tipo de bolsos é ideal para as que queren levalo todo, pero sen renunciar ás novas tendencias.

Alxibeiras

Será a túa aliada infalible para os looks máis casual. Da igual que a leves á cintura ou cruzada sobre o peito: é un complemento práctico e versátil. Atréveste con unha?