Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

Actividades divertidas para facer con nenos en vacacións

Tras nove meses de esforzo e aprendizaxe durante o curso escolar, chegan as ansiadas vacacións de verán nas que os nenos esquécense de madrugar, de libros e de deberes ata setembro. Para eles é un tempo moi especial, non só porque poden gozar de horas de praia e piscina, de campamentos ou de viaxes, senón porque durante estes dous meses, poden pasar máis tempo en familia, tanto con pais ou irmáns, como con avós e curmáns que ven de forma menos habitual.

En moitos casos, sobre todo cando o tempo non acompaña, notamos que o aburrimento comeza a afectar aos máis cativos da casa. Hoxe no blog de As Cancelas traémosvos unha selección de xogos e actividades para pasar intres do máis entretidos en familia e que axuden a gozar dun verán inesquecible.

Comezamos cunha proposta ideal para gozar das agradables temperaturas exteriores: un parchís xigante, perfecto para xogar ata catro persoas ou grupos e estimular o desenvolvemento da intelixencia lóxico-matemática. Este é de Imaginarium e trae un dado inchable e 4 piquetas para fixar o taboleiro en chans brandos.

 

Parchis_Imaginarium

 

Para os máis inquedos, un saltador inchable é a mellor forma para divertirse á vez que liberan enerxía. Está recomendado para nenos a partir de 3 anos e pensado para colocarse tanto en zonas exteriores, como xardíns, ou interiores. Podes atopalos na xoguetería Centroxogo.

Nos días máis calorosos, as competicións de globos de auga farán as delicias de maiores e cativos, sobre todo, se contamos con axuda para a ardua tarefa da enchedura dos globos. En Imaginarium teñen un xogo de tres ramalletes que permite encher e atar 100 globos á vez en 60 segundos. Que comece a guerra máis refrescante!

 

Globos_agua

 

Os cativos que cumpren anos no verán están de sorte, xa que celebrar unha festa ao aire libre multiplica as posibilidades de diversión. E é que malia os adiantos tecnolóxicos que supoñen os videoxogos e demais, os xogos de toda a vida seguen a triunfar. Co set de xogos ao aire libre de Imaginarium, promóvese a diversión en grupo e a competición sa a través das clásicas carreiras de sacos, de pernas atadas, de bolsas, de culleres e ovos.

 

juegos-al-aire-libre

 

Ademais da parte lúdica, unha gran festa de aniversario conta sempre cunha gran merenda, e se é temática, mellor. En Party Fiesta poderás atopar todos os accesorios necesarios, dende vasos, pratos, panos de mesa, invitacións, globos ou piñatas, sempre personalizados cos personaxes favoritos dos nenos como Frozen, Angry Birds, A Patrulla Canina, Buscando a Dory ou Peppa Pig, entre outros.

 

Patrulla Canina

 

Cando o tempo non acompaña, tamén existen multitude de entretidas actividades para pasalo en grande só, con amigos ou con familia, e ademais, á vez que aprenden cousas novas. A partir de 6 anos, é a idade ideal para que os nenos tomen conciencia do tempo e aprendan a función que realizan os reloxos. En Imaginarium atopamos un kit para construír o teu propio reloxo, co que seguindo as instrucións, e coa axuda dun adulto, pódese poñer un reloxo en marcha e ver como funciona o seu mecanismo interior.

 

Reloj

 

Para os apaixonados dos crebacabezas, construír en 3D o estadio do seu equipo de fútbol favorito será pan comido. O emblemático Santiago Bernabéu, o Camp Nou ou o Vicente Calderón son só algunhas das réplicas que poden montar. Están recomendados para nenos a partir de 7 anos, e téñenos en Centroxogo.

 

puzzle-estadio-santiago-bernabeu-real-madrid

Los máis creativos pasarano en grande cos distintos kits de manualidades que hai en Imaginarium, dende libros de manualidades temáticas como ‘Ciencia divertida’, ata sets de costura e para facer pulseiras. En concreto, o set de costura da imaxe contén fíos, teas, recheo, dedal, agullas, metro, alfinetes, tesoiras, botóns, pasamanería e porta alfinetes, ademais duns consellos básicos para que poidan idear as súas propias creacións. É ideal para que os afeccionados a este labor vaian collendo soltura e familiarizándose cos utensilios, antes de dar un paso máis e aprender a utilizar unha máquina de coser.

 

Costura

 

Axudar na cociña é outra das tarefas que lles encanta, xa que se senten maiores e involucrados en tarefas de responsabilidade. Para traballar cos benxamíns da casa, esta fábrica de gofres de Centroxogo é perfecta, xa que só necesitas utilizar o microondas para gozar duns deliciosos doces. Ademais inclúe un fundidor de chocolate para decoralos.

fabrica-de-gofres

Para estimular a curiosidade e o espírito científico e investigador destacamos o kit de química educativo de Imaginarium, co que poderán crear estalactitas, torres de escuma, explosións de cores e escribir mensaxes secretas. Inclúe un libro educativo, lentes protectoras, tubos de ensaio, filtros, globos, papel pH, vasos de medición, pipetas de Pasteur e espátulas, para tomar contacto co apaixonante mundo da ciencia e os experimentos.

 

Juego_quimica

 

Con esta lista de xogos e actividades, seguro que o verán pasará voando, tanto aos nenos como aos pais, pero sobre todo, seguro que quedará gravado no recordo de todos por ser inesquecible.