8 filmes que non te podes perder este verán
Se quedas sen plan este verán, se non sabes que facer ao voltar da praia ou os teus amigos non se deciden…tráemosche a solución. Este verán vén cargadiño de estreas de cine espectaculares. Así que non busques máis escusas porque ímosche dar 8 razóns para vir a Cinesa As Cancelas a disfrutar do cine.
Érase unha vez en Hollywood
Estrea: 15 de agosto 2019
Se es fan de Quentin Tarantino non te podes perder o seu noveno e, segundo el, penúltimo filme. A película céntrase no panorama cambiante de Hollywood a finais dos anos 60, cando a industria comezaba a esquecerse dos pilares clásicos. Rick Dalton, un actor de series de western en televisión, xunto con Cliff Booth, o seu mellor amigo e tamén o seu doble nas secuencias de acción, intentan abrirse camiño como poden nese mundo. Na particular odisea destes dous actores que buscan o seu sitio en Hollywood, cruzaranse coa actriz Sharon Tate, unha nova estrela que o ano anterior fora nominada ao Globo de Oro.
Historias de medo para contar na oscuridade
Estrea: 9 de agosto de 2019
Se en realidade o que che gusta é pasar un mal rato, reserva data no calendario. Neste filme, un grupo de adolescentes intentan resolver o misterio que rodea ás repentinas mortes no pobo. Stella é unha nena que sofre pola desaparición da súa nai na noite de Halloween. Stella e os seus amigos vense envoltos nunha broma pesada de Halloween que sae mal. Unha vingativa pantasma e outros seres malignos interpoñeranse na súa investigación.
Esta película producida polo español Guillermo del Toro, adapta as famosas novelas Scary Stories to Tell in the Dark, escritas por Alvin Schwartz e ilustradas por Stephen Gammell.
O Rei León
Estrea: 18 de xullo de 2019
25 anos despois da súa primeira estrea, El Rey León volve coa nueva película Live Action de Disney. A sabana africana é o escenario no que teñen lugar as aventuras de Simba, un pequeno león que é o herdeiro do trono. Sen embargo, ao ser inxustamente acusado polo malvado Scar da morte do seu pai, vése obrigado a exiliarse. Durante o seu desterro, fará boas amizades e intentará regresar para recuperar o que lexítimamente lle corresponde.
Definitivamente, farache viaxar á túa infancia.
Toy Story 4
Estrea: 21 de xuño de 2019
Fai 9 anos, Toy Story 3 deixábanos desamparados e con ganas de máis aventuras de Woody e mais Buzz. Ben, pois chegou o momento: Toy Story 4 xa está nos cines.
Woody sempre tivo claro cal é a súa labor no mundo e a súa prioridade: coidar ao seu dono, ben sexa Andy ou Bonnie. Pero cando Bonnie engade a Forky, un novo xoguete de fabricación propia, á súa habitación, arrinca unha nova aventura que servirá para que os vellos e novos amigos lle ensinen a Woody o grande que pode ser o mundo para un xoguete.
Annabelle volve a casa
Estrea: 12 de xullo de 2019
Terceira entrega da terrorífica boneca Annabelle. Nesta ocasión, os fenómenos paranormais que desencadea esta diabólica boneca afectarán directamente ao matrimonio de renomeados demonólogos formado por Lorraine e Ed Warren. Decididos a evitar que Annabelle cause máis estragos, Ed e Lorraine Warren deciden levar á boneca posuída á sala de obxectos baixo chave que teñen na súa casa. Aínda que a boneca quedará “a salvo”, nunha vitrina sagrada bendecida por un sacerdote, unha terrorífica noite Annabelle conseguirá espertar aos espíritos malignos. O seu novo obxectivo será a filla de dez anos dos Warren, Judy, e as súas amigas.
Prepárate para pasar medo.
Fast & Furious: Hobbs & Shaw
Estrea: 1 de agosto de 2019
Continúa a taquilleira saga de Fast&Furious, esta vez cun spin-off centrado no Axente de Seguridade Diplomática Luke Hobbs que rematará formando unha dubidosa alianza con Decker Shaw. Cando un anarquista mellorado ciber-xenéticamente chamado Brixton consegue roubar unha perigosa arma biolóxica, o mundo enfróntase a unha das súas maiores ameazas. Ahí é cando Hobbs e Shaw terán que traballar xuntos para salvar o planeta deste terrorista, que incluso conseguiu derrotar á irmá de Shaw, Hattie unha intrépida axente secreta do M16.
Midsommar
Estrea: 26 de xullo de 2019
Da man do director de Hereditary, Ari Aster, chega Midsommar, un filme que non te deixará indiferente.
Unha parella estadounidense que non está a pasar polo seu mellor momento acode cuns amigos ao Midsommar, un festival de verán que se celebra cada 90 anos nunha aldea remota de Suecia. O que comeza como unhas vacacións de ensoño nun lugar no que o sol non se pon nunca, pouco a pouco se convirte nun oscura pesadelo cando os misteriosos aldeáns os invitan a participar nas súas perturbadoras actividades festivas.