6 libros para que os máis pequenos gocen este verán

Publicado o 19 de Xuño de 2019

A lectura ten numerosos beneficios para os nosos pequenos: potencia a imaxinación, fomenta a aprendizaxe, favorece a súa capacidade de concentración, ademais de ser una actividade que lles resultará divertidísima. Por iso, entre os propósitos de moitos pais e nais está o de iniciar aos seus fillos o amor pola lectura. Desde as historias que ledes xuntos antes de deitarvos, ata que lle das o seu primeiro libro para gozar por si mesmo, é importante alimentar a súa curiosidade polos seus amigos de papel.

Hoxe, no blog de As Cancelas, traémosche as nosas 6 recomendacións para que os pequenos da casa se divirtan este verán gozando de interesantísimas historias que os transportarán a unha chea de lugares extraordinarios. Todas as nosas propostas atópanse dispoñibles no hipermercado Carrefour de As Cancelas. ¡Sigue lendo!

Contos de boas noites para nenas rebeldes

De Frida Kalho a Jane Goodall, de Coco Chanel a Nina Simone, das irmás Brontë a Marie Curie… Este libro recolle as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes e, ademais, conta coas ilustracións de 60 artistas de todo o mundo. Científicas, astronautas, levantadoras de pesas, xuízas, chefs… cen exemplos de determinación e audacia para as que soñan ao grande.

Gerónimo Stilton: O estrano caso dos granos azuis

En Ratonia desatouse una estranísima epidemia que provoca uns curiosos granos azuis. O médico máis famoso da Illa dos Ratóns está buscando unha cura pero alguén quere impedirllo… E será o gran Gerónimo Stilton quen o axude a resolver este inquietante misterio.

Os futbolísimos: O misterio do porteiro fantasma

Comeza o curso e comeza a Liga para os futbolísimos! Sen embargo, as cousas axiña se complican: apuntáronse ao equipo sete novos rapaces que son uns cracks. Ademais, a súa praza na Liga Intercentros depende de que gañen dous partidos, e despois está o dos bicos, e o dese rapaz que parece que para os goles coa mente…

Isadora Moon no castelo encantado

Isadora Moon é especial por que é diferente. A súa nai é unha fada, e o seu pai, un vampiro e ela ten un pouquiño dos dous. O día no que a clase de Isadora sae de excursión a un castelo encantado, todos están mortos de medo, e se atopan unha pantasma? Isadora terá que ensinarlles que hai cousas que non asustan tanto cando as coñeces.

Os forasteiros  do tempo: A aventura dos Balbuena no galeón pirata

A familia Balbuena aparece de súpeto nun barco pirata… en plena abordaxe da armada inglesa. Están no ano 1715, no mar Caribe, a idade de ouro dos piratas. Que fará o famoso e temible corsario Capanegra con Sebas e a súa familia?

A diversión de Martina: Misterio no internado

Depois da súa última trasnada, Martina liouna tanto que os seus pais mándana a un internado: un horrible castelo no medio das montañas e rodeado por un escuro bosque, como sacado dunha película de terror. Martina comezará a preguntarse polos segredos que se esconden no interior e intentará descubrilos por todos os medios.