6 libros imprescindibles para este outono
Ese momento no que as gotas de chuvia comezan a golpear na fiestra. No que as temperaturas comezan a baixar. No que os días se fan máis cortos e no que, de repente, quedarse na casa che parece o mellor dos plans. Aínda que nos resistamos a despedir o verán, o outono está chamando a nosa porta, e para sacarlle o máximo partido, traémosvos seis recomendacións coas que gozar do pracer da lectura nos días máis grises, xa dispoñibles en Carrefour.
El silencio de la ciudad blanca
Escrita por Eva García Sáenz de Urturi, esta novela policial é o punto de partida da coñecida triloxía ‘La ciudad blanca’. Ambientada en Vitoria, a cidade natal da autora, conta a historia duns tráxicos crimes que aterrorizaron aos veciños 20 anos atrás, ata que o brillante arqueólogo Tasio Ortiz de Zárate foi condenado a prisión por eles. Cando o asasino está a punto de saír da prisión, os crimes volven a xurdir, momento no que entra en xogo o inspector Unai López de Ayala, que traballará para dar caza ao culpable. Se buscas un thriller apaixonante que devorar durante el outono, este é o teu libro.
Las hijas del capitán
Victoria, Mona e Luz son tres irmás españolas que chegan a Nova York durante a década dos anos 30 para tomar as rendas dunha humilde casa de comidas de nome ‘El capitán’ tras a morte accidental do seu pai. Abatidas e acosadas pola urxente necesidade de sobrevivir, e á espera do cobro dunha prometedora indemnización, as tres mulleres abriranse paso entre edificios interminables, compatriotas, adversidades e amores, decididas a converter o seu sono en realidade.
María Dueñas é a responsable desta lectura conmovedora e envolvente que rende tributo ás mulleres que resisten cando os ventos sopran en contra y tamén a todos aqueles que se viron obrigados a cruzar o océano para buscar unha vida mellor.
El bosque sabe tu nombre
Despois de publicar numerosos relatos cortos en distintos portais de internet, a escritora bilbaína Alaitz Leceaga converteuse en todo un fenómeno editorial co lanzamento da súa primeira novela, ‘El bosque sabe tu nombre’. A historia, que se enmarca nun pequeno pobo do Cantábrico a finais dos años 20 do século pasado, narra a vida das xemelgas Estrella e Alma, fillas dos marqueses de Zuloaga. As pequenas crecen rodeadas das festas e os luxos dignos da súa posición, pero tamén marcadas por un poderoso misterio: viven á sombra dunha maldición que afecta ás mulleres da súa familia segundo a cal unha das dúas morrerá antes de cumprir os quince años.
La desaparición de Stephanie Mailer
Unha noite de xullo do ano 1994, a apracible poboación de Orphea asiste á gran apertura do seu festival de teatro. Pero o alcalde, que debía presidir o acto, retrásase. Mentres tanto, un home recorre as calles buscando a súa muller, ata atopar o seu cadáver diante da casa do alcalde. Dentro, toda a familia foi asasinada. Jesse Rosenberg e Derek Scott, dous brillantes policías de Nova York son os encargados de resolver o caso, pero 20 anos máis tarde, a xornalista Stephanie Mailer asegura que Dereck e Jesse equivocáronse de asasino, e afirma posuír información clave. Días despois, desaparece.
“Posúe ese ingrediente secreto e pouco frecuente que provoca a adicción”, así é como a crítica literaria define a esperadísima última novela do escritor suízo Joël Dicker.
La villa de las telas
Trátase da primeira entrega dunha saga familiar ambientada en Alemaña a principios do século XX que cativará aos fans de Downton Abbey, María Dueñas, Kate Morton ou Lucinda Riley. Escrita por Anne Jacobs, a novela xira en torno aos Melzer, a familia propietaria dunha das grandes fábricas téxtiles de Alemaña, e dunha mansión á que chega Marie, unha pobre chica proveniente dun orfanato que loita por abrirse paso entre o servizo. Pero a súa chegada á casa non só destapará un secreto relacionado co seu apelido que afectará ao patriarca da familia, senón que tamén desatará a paixón de Paul, o herdeiro do imperio dos Melzer, que está disposto a todo para que as diferencias de educación e clase social non afecten a súa relación coa moza Marie.
El fuego invisible
Gañadora do premio Planeta 2017, a novela escrita por Javier Sierra sitúa a orixe do Santo Grial en Cataluña a través da historia de David Salas, un prometedor lingüista do Trinity College de Dublín, que se atopa en Madrid para pasar as súas vacacións. Un encontro fortuíto con Victoria Goodman, unha vella amiga dos seus avós e coa súa axudante, trocará os seus plans e o empuxará a unha sorprendente carreira por descubrir que sucedeu co alumno da escola literaria que rexenta lady Goodman. A clave para resolver o misterio parece esconderse no mito do grial e na súa vinculación con España. Remotas igrexas románicas dos Pirineos, coleccións de arte en Barcelona, libros antigos e estraños códigos en pedra alíñanse nunha trama chea de intriga que nos fará pensar sobre a orixe de toda inspiración, literatura e arte verdadeiras.