Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles

6 lecturas para devorar este inverno

O inverno é probablemente a estación do ano que máis tempo pasamos en casa. O frío, a chuvia e os días grises son os principais causantes de que a nosa elección preferida sexa quedarnos á calor do fogar. E cal é o mellor plan para estes momentos? Sumerxirte en novos mundos e apaixonantes historias a través das páxinas dun bo libro. Se che custa decidirte por un título en concreto ou precisas propostas de historias diferentes, aquí che deixamos unha selección de lecturas que se converteron nun éxito de vendas, e que podes atopar en Carrefour.

A cara norte do corazón, Dolores Redondo

A protagonista desta novela negra é Amaia Salazar, unha moza subinspectora da Policía Foral de 25 anos, que cando tiña 12, estivo perdida no bosque durante dezaseis horas. Atopárona a trinta kilómetros ao norte de onde desaparecera, desvanecida baixo a intensa chuvia, coa roupa ennegrecida e, en contraste, coa pel branca, limpa e xeada como se acabase de emerxer do xeo.

Aínda que a verdadeira historia comeza en 2005, cando a moza participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI en Estados Unidos, onde inesperadamente, convertirase en parte do equipo dunha investigación, que os levará ata Nova Orleans, en vésperas do peor furacán da súa historia, para intentar adiantarse ao asasino que actúa sempre durante grandes desastres naturais. Pero unha chamada da su tía Engrasi dende Elizondo espertará en Amaia antigas pantasmas da súa infancia que o poden cambiar todo, expoñéndoa de novo á cara norte do corazón.

Un perfecto cabaleiro, Pilar Eyre

Esta apaixonante novela comenza en xaneiro de 1939, cando as tropas de Franco entran trunfantes na cidade de Barcelona. Con elas vai Mauricio Casasnovas, un atractivo heredeiro dunha empresa textil, ao que espera unha muller sumisa e un futuro dourado. Pero a brutalidade da guerra abriu una greta no seu corazón que non deixa de agrandarse, e que desbarata todos os seus plans.

A pesares de estar casado, Mauricio coñece por primeira vez o amor e a paixón cunha obreira da súa fábrica, cuxo marido está preso. Atormentado ao non poder posuír a esta muller por completo, comete un feito terrible cuxa culpa o perseguirá para sempre. Ademáis, a súa vida conxugal esconde un enigma tan devastador e sorprendente que nin el nin ninguén puido sospeitalo xamais.

Sidi, Arturo Pérez-Reverte

A crítica literaria di que se trata dunha historia fascinante, ao máis puro estilo revertiano, capaz de reter ao lector expectante a cada volta de páxina. O seu protagonista é Sidi Qambitur, unha personaxe inspirada no Cid Campeador e na súa xesta. Conta as fazañas, guerras e decisións que tivo que dirimir o protagonista, coa idade media peninsular como telón de fondo.

«A arte do mando era tratar coa natureza humana, e el dedicara a súa vida a aprendelo. Colgou a espada do arzón, palmeou o pescozo cálido do animal e botou un vistazo ao redor: sons metálicos, resollar de monturas, conversacións en voz baixa. Aqueles homes ulían a esterco de cabalo, coiro, aceite de armas, suor e fume de leña.»

O pintor de almas, Ildefonso Falcones

Despois de vender máis de 10 millóns de exemplares, Ildefonso Falcones volve á carga cunha poderosa historia de amor, paixón pola arte, revoltas sociais e vinganza na Barcelona modernista. O seu protagonista é Dalmau Sala, fillo dun anarquista axusticiado e pintor que vive atrapado entre dous mundos. Por un lado, a súa familia e Emma, a muller que ama, son firmes defensores da loita obreira; homes e mulleres que non coñecen o medo á hora de exixir os dereitos dos traballadores.

Por outro, o seu traballo no taller de cerámica de don Manuel Bello, o seu mentor e un conservador burgués de férreas creencias católicas, achégao a un ambiente onde imperan a riqueza e a innovación creativa. Seducido polas tentadoras ofertas da burguesía, Dalmau terá que atopar o seu auténtico camiño, como home e como artista, e alonxarse das noites de viño e drogas para descubrir o que de verdade lle importa: os seus valores, a sús esencia, o amor dunha muller valente e loitadora.

O latexo da terra, Luz Gabás

Despois do gran éxito da súa primeira novela “Palmeiras na neve”, Luz Gabás volve a deixar ao lector sen palabras cunha bela historia de paixón, lealdade, intriga e sentimentos atopados. Nesta ocasión, todo xira en torno a Alira, herdeira da mansión e as terras que a súa familia conserva dende fai xeracións, debátese entre manterse fiel ás súas orixes ou adaptarse aos novos tempos.

Cando cre atopar a resposta as súas dúbidas, unha misteriosa desaparición perturba a aparente calma que reinaba na casa, a única habitada nun pequeno pobo abandoado. Unha chiscadela do destino obligaraa a enfrontarse ao seu pasado e a cuestionarse canto para ela fora inmutable. A partir dese momento comezará a sentir algo para o que nunca pensou estar preparada: o amor.

Nada é tan terrible, Rafael Santandreu

O novo libro de Rafael Santandreu, é o manual de autoterapia máis completo baseado na psicoloxía cognitiva, a escola terapéutica máis eficaz e científica. “Nada é tan terrible” contén as ferramentas dos mellores psicólogos do mundo para deixar de preocuparse, gozar máis intensamente da vida, ter «cero» complexos, adquirir carisma, ou desactivar ás persoas difíciles.

Para exemplificar cun caso real, o psicólogo fala da súa propia situación no pasado, cando tiña medo a falar en público e perdeuno, según conta, porque se convenceu “de que facer esa tarefa ben non era importante. Se á xente lle gusta a miña charla, xenial. En caso contrario, a vida non cambia en absoluto”.