Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

6 lecturas para desconectar

Os libros teñen a asombrosa capacidade de transportarnos a outras épocas, países, culturas e universos nos que nunca estivemos. De facernos soñar cos ollos abertos. De facernos viaxar sen movernos do sofá. De facernos esquecer, aínda que solo sexa un anaco, as preocupacións de cada día. De facernos desconectar da nosa rutina… E é que, quen se pode resistir nun día de choiva a unha cunca de té ou chocolate quente acompañado dunha intrigante historia, un apaixonante romance ou unha divertida sátira?

Din que ler é crecer. Hoxe, no blog de As Cancelas, propoñémosche seis historias que che farán crecer e que che engancharán ata a última páxina. Toma nota!

Patria (Fernando Aramburu)

Vítimas, asasinos e fúnebres heroicidades protagonizan esta asombrosa novela dramática, Premio Nacional de Narrativa 2017, escrita por Fernando Aramburu.

O día no que ETA anuncia o abandono das armas, Bittori diríxese ao cemiterio para contarlle á tumba do seu marido Txato, asasinado polos terroristas, que decidiu volver á casa onde viviron. Por máis que chegue a escondidas, a presencia de Bittori alterará a falsa tranquilidade do pobo, sobre todo da súa veciña Miren, amiga íntima noutro tempo, e nai de Jose Mari, un terrorista encarcerado e sospeitoso dos peores temores de Bittori.

Que pasou entre esas dúas mulleres? Que  envelenou a vida dos seus fillos e os seus maridos tan unidos no pasado? Cos seus desgarros disimulados e as súas conviccións inquebrantables, cas súas feridas e as súas valentías, a historia incandescente das súas vidas antes e despois do cráter que foi a morte do Txato, no que fala da imposibilidade de esquecer e a necesidade de perdón nunha comunidade rota polo fanatismo político.

Una columna de fuego (Ken Follet)

A saga de ‘ Los pilares de la Tierra’ y ‘Un mundo sin fin’, cativou a millóns de lectores, continua agora coa magnífica e apaixonante nova novela de Ken Follet.

Una columna de fuego arranca cando o xoven Ned Willard regresa ao seu fogar en Kingsbridge por Nadal. Corre o ano 1558, unha época que alterará a vida de Ned e que cambiará Europa para sempre. As antigas pedras da catedral de Kingsbridge contemplan unha cidade dividida polo odio relixioso. Os principios elevados chocan coa amizade, a lealdade, e provocan derramamentos de sangue.

Ned atopase de pronto no bando contrario ao da rapaza coa que anhela casarse, Margery Fitzgerald. Cando Isabel I chega ao trono, toda Europa volvese en contra de Inglaterra. En París, á espera, atopase Maria Estuardo, raíña dos escoceses, proclamada lexítima soberana de Inglaterra. Namentres, Ned busca a Jean Langlais, un personaxe escorridiño e enigmático, sen saber que tras ese nome falso escondese un compañeiro de clase da súa infancia, alguén que o coñece demasiado ben. Ao longo do medio século turbulento, o amor entre Ned e Margery parece condenado ao fracaso mentres o extremismo fai estallar a violencia dende Edimburgo ata Xenebra.

La magia de ser Sofía (Elísabet Benavent)

Beta Coqueta, o alter ego da popular autora Elísabet Benavent, é a culpable de que ‘La magia de ser Sofía’ se convertese nun dos títulos máis vendidos estes meses. Tratase da primeira parte dunha biloxía na que narra coa súa particular toque de frescura e humor, a historia de amor de Héctor e Sofía, unha historia romántica diferente protagonizada polos soños por cumprir, das rutinas nas relacións de toda a vida e das conexións entre seres que non se buscan e a quen o destino se encarga de unir.

Despois do éxito absoluto dos seus anteriores títulos, a autora volve á carga cunha reflexión sobre o que sucede cando dúas persoas cargadas polo pesa das circunstancias atopasen e descobren que a maxia só existe cando se miran ao ollos.

Origen (Dan Brown)

Barcelona, Bilbao, Madrid e Sevilla son as cidades principais nas que transcorre a última obra de Dan Brown, que combina ciencia, relixión, enigmas, historia, arte e arquitectura, e que volve a estar protagonizada polo famoso experto en simboloxía de Harvard, Robert Langdon.

Nesta ocasión, Robert Langdon acude ao Museo Guggenheim Bilbao para asistir á conferencia de Edmond Kirsh, un rapaz multimillonario descubrimento que dará resposta á dúas preguntas que obsesionan á humanidade dende o principio dos tempos: de onde vimos? onde imos?

Ao pouco tempo de comezar a presentación, estallou o caos no museo Ante a inminente ameaza de que o valioso achado pérdese para sempre, Langdon e Ambra, a directora do museo, deben fuxir desesperadamente a Barcelona e iniciar unha carreira contra reloxo para localizar a críptica contrasinal que lles dará acceso ao revolucionario secreto de Kirsch.

Los pacientes del doctor García (Almudena Grandes)

A segunda guerra mundial e o franquismo serven de escenario para ambientar a historia máis internacional e trepidante de Almudena Grandes. Unha narración máis ambiciosa, na que conecta acontecementos reais e descoñecidos de ambas épocas, para construír as vidas de uns personaxes que no só comparten a sorte de España, senón tamén a de Arxentina.

Tras a vitoria de Franco, o doutor Guillermo García Medina ocultase baixo unha identidade falsa para seguir vivindo en Madrid. A documentación que o liberou do paredón foi un agasallo do seu mellor amigo, Manuel Arroyo Benítez, un diplomático republicano ao que salvou a vida en 1937.. Cree que nunca volverá a velo, pero en setembro de 1946, Manuel volve do exilio cunha misión secreta e perigosa. O seu obxectivo é infiltrarse na rede de evasión de criminais de guerra e prófugos do Tercer Reich que dirixe dende o barrio de Argüelles unha muller alemá e española, nazi e falanxista. Unha organización clandestina para a que recruta ao doutor García.

La viuda (Fiona Burton)

Se che gusta o misterio, atoparás neste volume unha novela negra absorbente, na que a autora británica Fiona Barton creouse un crebacabezas intrigante á par de fascinante.

Se el fixese algo horrible, ela saberíao. Ou non? Todos sabemos quen é el: o home que protagonizou as portadas de todos os xornais por estar acusado dun terrible crime. Pero que sabemos realmente de ela, de quen se suxeita o brazo na escaleira do xulgado? O marido de Jean Taylor foi acusado e absolto dun crime terrible fai anos. Cando el falece de forma repentina, Jean, a esposa perfecta que sempre lle apoiou e crido na súa inocencia, convertese na única persoa que coñece a verdade. Pero que implicación tería aceptar esa verdade? Ata onde está disposta a chegar para que a súa vida siga tendo sentido? Agora que Jean pode ser ela mesma, hai unha decisión que tomar: calar, mentir ou actuar?