Close Previous Next Previous Next Go up Go down Go up Go down Back to top Previous Go back Open menu Sound off Sound on Search Manager Calendar Date Comments Reading time Author Categories Tags Facebook Twitter TikTok Instagram LinkedIn WhatsApp YouTube Phone Play Play Pause Languages Carmila Carmila Realia Carrefour Property Xacobeo 21-22 Locales de ocio Locales de restauración Tiendas Carrefour Newsletter Reseñas Horarios carrefour Horarios restauración Horarios comercios Horarios cine Club de Celi Tarjeta Pass Blog Áreas de descanso Arrancacoches Aseos movilidad reducida Cajeros automáticos Cambiador de pañales Desfibrilador Fotomatón Kit de costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Mochila portabebé Objetos perdidos Parada de taxi y bus Parking para bicicletas Parking para motocicletas Parking para patinetes eléctricos Plazas de parking para familias Plazas de parking para personas con movilidad reducida Puntos de recarga de coches eléctricos Sala de lactancia Salas de cine Servicio a domicilio Taquillas Zona de carga de móviles Apps para iPhone y Android Áreas de descanso Área infantil Arranca coches Ascensores Aseos para personas con Movilidad Reducida Aseos Babero deshechable Botiquín Buzón de sugerencias Cabinas de teléfono Cajeros automáticos Cambiador de pañales Cubreparaguas Dispensador de Gel Hidroalcohólico Dispensador de crema hidratante Dispositivo antiatragantamiento Directorios táctiles Escaleras mecánicas Fotomatón Guiado de aparcamiento Inflado de ruedas Kit de Costura Kit de higiene dental Kit de primeros auxilios Lavado de coches Limpia Zapatos Mochila Portabebés Objetos Perdidos Parada de taxi y bus Parking de bicicletas Parking gratuito Parking Motos Parking para patinetes eléctricos Solicitar taxi Plaza de Parking Familiar Plaza de Parking PMR Préstamo de cargadores de móvil Préstamo de silla de paseo Pulsera antipérdida Punto de empaquetado de regalos Punto de Información Quitamanchas Recarga de coches eléctricos Recogida de ropa usada Ropero Sala de lactancia Salas de cine Servicio de envío a domicilio Servicio de bolsa reutilizable Servicio integral de cardioprotección Préstamo de silla de ruedas Fuente de agua Tablets Taquillas Wifi gratuito Zona de carga para móviles Biblioteca infantil Punto de atención al cliente Punto de reciclado de pilas y bombillas Aseos infantiles Sistema de localización de vehículos Club infantil Dispensadores de bolsas para excrementos Gerencia Ludoteca Máquinas de vending Papeleras de reciclaje Correas para mascotas Bozales para mascotas Candado para bicicletas Fuente para mascotas Zona de descanso para mascotas Pipí clean para mascotas Plazas de parking especiales Cajero Bitcoin Click-collect

5 receitas moi frescas coas que te chuparás os dedos

O verán e a calor invítannos a tomar pratos lixeiros e moi fresquiños. Carnes en frío, ensaladas de pasta, patatas ou verduras, cremas vexetais ou pescados son receitas moi socorridas. A súa gran ventaxa é que poden ser preparados con antelación, o que nos aporta máis tempo libre para desfrutar dun día de praia ou de excursión.

Hoxe no blog de As Cancelas puxémonos mans á obra: preparámosvos unha guía de 5 receitas de verán para toda ocasión: dende a receita de verán por definición, as ensaladas, ata outras máis especiais para que leves a onde máis che apeteza. Deixámosvos da man de Fabián León e as súas receitas para Carrefour.

Bowl de arroz basmati con polo e aguacate

Este bowl é unha receita moi doada, fresca e nutritiva que nos aportará toda a enerxía que precisamos para estar activos durante todo o día. Para que un bowl sexa completo, é moi importante ter clara a estrutura. Na base colócanse os hidratos de carbono, que neste caso é o arroz basmati. Despois, ponse a proteína, que pode ser de orixe animal ou vexetal: neste caso engadimos polo, pero podes engadir atún, lentellas ou espinacas. E, por último, quédanos o vexetal, nesta ocasión escollemos aguacate. E listo!

Tartar de tomate, pavo e framboesas

Se organizaches unha cea de picoteo na túa casa, esta receita é perfecta para ti. Trátase dun tartar de tomate, pavo e framboesas. Só tes que cortar tomates e framboesas e empratar xunto coa peituga de pavo ao natural. Esta última podes mercala directamente en lata e resulta moi útil para este tipo de receitas así como para ensaladas, sándwiches, fajitas ou croquetas. Seguro que os teus invitados quedan coa boca aberta.

Ensalada de cogombro, bacallau desalgado e fabas

Esta receita está adicada a todos aqueles que non incorporan habitualmente legumes na súa dieta. Consiste nunha ensalada de cogombro, bacallau desalgado e fabas. Esta ensalada é unha receita fresca, con vitamina C, potasio, calcio e grasas boas para o organismo. É rica en proteínas, contén moita fibra e é moito menos calórica que un cocido tradicional.

A comer!

Ensalada de arroz, quinoa e atún

Xa que as ensaladas son ideais para comer en verán, traémosche outra receita: unha ensalada de arroz, quinoa e atún. O arroz integral con quinoa vermella é unha fonte sana de fibra e se pode preparar rápida e fácilmente no microondas. Se lle engadimos atún claro en aceite de oliva, lograremos conseguir as proteínas necesarias para superar con enerxía o noso día a día. Incorporar pescado á nosa dieta nunca foi tan doado.

Fritatta con verduras e ovos campeiros

Fabián León trae unha solución perfecta para aproveitar as verduras que tes na neveira con esta fantástica receita. É unha alternativa sana e sabrosa para calquer comida ou cea. Esta vez, utilizou calabacín, espinacas, tomates cherry e pimentos vermellos, pero ti podes utilizar as verduras que queiras.