5 consellos para unha alimentación máis saudable
Cando falamos de comida, todos estamos adaptados a unha serie de costumes: algunas boas, e outras non tan boas. E pese a que moitos deses hábitos ímolos adquirindo desde que somos nenos, non significa que non poidamos modificalos un pouco e adaptalos a un estilo de vida máis saudable.
Desde o blog de As Cancelas queremos axudarche a que transformes os hábitos menos recomendables noutros máis beneficiosos, para poder levar un estilo de vida máis saudable, con 5 sinxelos ‘ tips’ que podes ir incorporando aos poucos á túa rutina diaria.
Cociña máis na casa!
Unha das claves para comer máis sán e logar un verdadeiro cambio de hábitos é cociñar. Así saberemos o que comemos, e poderemos organizar mellor os nosos menús semanais. Empeza por receitas sinxelas, e experimenta todo o que queiras con distintos alimentos. Verás como en pouco tempo podemos cambiar a nosa dieta cociñando na casa.
Organiza as túas comidas
Planifica un menú semanal variado e equilibrado. Isto axudaráche a organizar os pratos que prepararás durante a semana e incluso, che facilitará facer a compra! E ademais, se segues uns horarios de comidas regulares, estarás creando un efecto memoria no organismo que se preparará para recibir alimentos de forma máis eficiente.
Móvete!
Un paseo, subir polas escaleiras en lugar de polo ascensor, baicxarse do bus unha parada entes… hay moitos trucos que o noso día a día non consista en pasar todo o tempo parados e cumprir con esos 30 minutos diarios de actividade física que nos recomendan os expertos. Isto axudaranos a preservar a nosa saúde e a sentirnos mellor con nós mesmos.
Come o que che gusta
Moitas veces, cando queremos comer máis saudable bótanos un pouco para atrás os alimentos que consideramos máis saudables. Comer debe ser una experiencia pracenteira, así que elixe dentro dos teus alimentos favoritos os máis saudables e pasa dos que non che gusten. Porque recorda, se segues unha dieta con alimentos que detestes, estarás condenado ao fracaso.
Recorda: non estás ‘a dieta’
Cambiar os nosos hábitos alimenticios non significa que nos estemos poñendo ‘a dieta’. É máis, moitas veces relacionar un cambio na nosa alimentación cunha dieta é máis perxudicial, porque o vemos como unha serie de normas máis que como unha modificadión do noso estilo de vida.