4 películas para pasalo de medo este outono

Publicado o 23 de Outubro de 2020

Se che gustan as películas de terror non hai mellor maneira de gozalas que indo ao cinema. Agora na época invernal, o cinema ofréceche un lugar quente e seguro onde pasar un bo intre. Ademais, poderás saír da monotonía do día a día durante o inverno e vivir a experiencia de ver unha peli na gran pantalla.

En Cinesa temos estreas de terror que che meterán un bo susto no corpo, e hoxe no blog de As Cancelas queremos recomendarche as próximas películas que non podes te perder. Segue lendo!

Novas e meigas

O día 30 de outubro, xusto na véspera de Halloween, estréase esta película mestura de fantasía e terror. Conta a historia dun grupo de adolescentes de instituto que se ven seducidas pola maxia escura e deciden formar un aquelarte de bruxas. Trátase dun  remake de “ The Craft”, título estreado no ano 1996, que nesta ocasión actualiza Columbia Pictures e conta con actores como Cailee Spaeny, Michelle Monaghan ou David Duchovny entre outros.

As Meigas (de Roald Dahl)

A película, dentro da categoría de humor negro, conta a historia do orfo Bruno que vai a vivir coa súa querida avoa a un pobo de Alabama cara a finais dos 60. O neno e a súa avoa atópanse con algunhas meigas moi malvadas e glamurosas, e deciden escapar a un hotel de luxo na costa. Para a súa desgraza, alí a Gran Meiga reuniu a todas as meigas do planeta para preparar os seus malvados plans. A repartición estelar conta con Octavia Spencer, Anne Hatthaway ou Stanley Tucci. En cinemas o 30 de outubro!

Este corpo séntame de morte 

Millie Kessler (Kathryn Newton) é unha típica alumna de instituto. Pero cando The  Butcher (Vince Vaughn), un psicópata solto pola cidade, se cruza no seu camiño e trata de asasinala cunha mística daga antiga, as súas vidas cambiarán para sempre. Cada un espértase cos corpos cambiados, e Millie só ten 24 horas para recuperar o seu corpo antes de que sexa permanente. Coa axuda dos seus amigos, Nyla, Joshua e o seu mozo  Booker (Uriah Shelton), a protagonista correrá a contrarreloxo para reverter a maldición e impedir máis mortes. Chega o 13 de novembro ás salas de Cinesa. Non a perdas!

Outra volta de torca

Misterio e terror forman a base desta película que narra como ao longo de máis de cen anos, unha vella historia inquietante foise transmitindo de xeración en xeración. Esta produción de Dreamworks Pictures, trasládanos a unha misteriosa finca campestre en  Maine, onde Kate (Mackenzie Davis), é contratada de aia a cargo de dous nenos problemáticos, Flora (Brooklynn Prince) e Miles (Finn Wolfhard). Pero non sabe que esa casa esconde escuros segredos e nada é o que parece. En cinemas o 20 de novembro.