Responsables de tenda e dependentes/as en Ulanka

Quen somos?
Ulanka é unha marca española líder no sector do comercio de calzado, cun estilo fresco, orixinal e único. Deseñamos a nosa marca e para iso contamos cun gran equipo de talentos en todas as áreas que interveñen no desenvolvemento da marca. O noso obxectivo é ofrecer aos nosos clientes coleccións de calzado coa mellor relación calidade-prezo.
Somos un equipo de profesionais que desfrutamos o que facemos e aportamos día a día ao traballo que realizamos cun ambiente novo, próximo e inspirador.
Queres unirte ao noso Equipo?
Seguimos crecendo! E necesitamos incorporar varias persoas para nosa nova apertura no centro comercial As Cancelas (Santiago).
Estamos a buscar diferentes perfís con experiencia en venda, tanto responsables de tendas como dependentes e axudantes de dependentes.
Se che gusta a venda e o trato directo cos clientes, este é o teu sitio!
Responsabilidades/Funciones:
- Atención ao cliente.
- Organizar, coordinar e dirixir os equipos de traballo.
- Supervisar o funcionamento diario das tendas.
- Supervisar a xestión de vendas e a do persoal.
- Supervisar e manter en orde o almacén.
- Recibir a mercadoría e colocala.
- Emitir e realizar traslados.
- Montar as exposicións e escaparates.
- Tratar e resolver asuntos administrativos, de persoal e de produto cos diferentes departamentos.
- Facer os ingresos diarios.
Requisitos:
- Persoa proactiva, con orientación ao cliente, dotes de comunicación e traballo en equipo.
- Experiencia previa no sector Retail.
Ofrecemos:
- Contrato indefinido a xornada completa (Encargado/a de tenda), a tempo parcial en quendas rotativas de 36 horas (Dependentes) e 30, 24 ou 20 horas semanais (Axudantes Dependentes).
- Formación e bo ambiente de traballo.
Contacto
Email: vanesa.d@grupoyorga.com