Zapatos de muller para este outono en Santiago
Estamos no outono. Volve a choiva e o mal tempo, xa sexa con humidade ou, nalgúns casos, frío. Con todo, tamén é unha ocasión para renovar o noso vestiario, desde os pés ata a cabeza. Desde o Centro Comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, imos tratar un aspecto concreto da moda que seguro que a moitas das nosas usuarias gústalles e tamén a ti. Referímonos aos zapatos para muller. Nas Cancelas dispoñemos dunha ampla variedade de zapaterías que che ofrecen calzado de moitos estilos e tamén zapaterías especializadas en tipos concretos de calzado. Así, no Centro Comercial As Cancelas, podes atopar bailarinas, zapatos de tacón, zapatos planos, zapatillas urbanas e deportivas, sandalias (planas, menorquinas, tacón, cuña, de praia…), botíns planos, botíns de tacón, botas planas, botas de tacón, etc.
A continuación, ímosche presentar as seguintes zapaterías do Centro Comercial As Cancelas: Merkal Calzados, MaryPaz, Tino González, Geox, Krack e Vogue LV. Ademais, ímonos a centrar no zapato feminino e contámosche as novidades para esta tempada outono 2015. Xa sabes, este outono a choiva, o vento e o frío regresan a Santiago de Compostela. Por iso, imos abrigar os nosos pés e mostrámosche algúns zapatos para esta nova tempada.
1. Merkal Calzados: botín de pel Coronel Tapiocca para este outono-inverno. Corte acabado en pel de serraje e pliegues para un calzado fácil.
2. Marypaz: botín de tacón con elásticos de Marypaz con serraje de pel e material elástico.
3. Tino González: botíns de tacón con sola de goma e detalle de hebillas douradas de Tino González.
4. Geox: Lola, unhas bailarinas Geox en pel lisa, con lazo repuntado en metal e con punta redonda.
5. Krack: zapato Krack de cuña de coiro.
6. Vogue LV: botíns planos de muller Vogue LV de pel de cor coiro, con sola de goma e tacón de 3 cm.
Esperámoste en As Cancelas.