Xeración As Cancelas: ¡Grazas a tod@s!
A gran gala do pasado 30 de abril, presentada pola televisiva Ivonne Reyes, puxo o mellor broche de peche ao concurso ‘Xeración As Cancelas’ no que se elixiu aos futuros protagonistas das campañas publicitarias do centro comercial. Tanto a gala final como a de Xeración Kids convertéronse en dúas grandes festas con actuacións musicais, maxia, danza, picadiscos e sorteos para todos os asistentes.
Ana González Fernández e Andris Geiba foron os gañadores na categoría de adultos e serán a imaxe de As Cancelas na Fashion Night do próximo mes de outubro, o grande evento da moda e as tendencias de Santiago de Compostela e a súa área metropolitana.
Os pequenos Nadia García Casal e Yeray Quián Darriba venceron na igualadísima categoría infantil, e tamén poderemos velos en futuras campañas do centro comercial. Os catro gañadores levaron ademais un curso de modelo profesional, a oportunidade de realizar un book fotográfico para empezar a súa carreira no mundo da moda e un vale de 200 euros para gastar nas tendas do centro comercial.
Desde As Cancelas queremos agradecer a excelente acollida de ‘Xeración As Cancelas’, que contou con máis de 1.800 participantes nos castings e tivo o apoio entusiasta de numerosas tendas do centro comercial que contribuíron con premios e agasallos para os participantes. Así mesmo, queremos agradecer a gran participación de todos os amigos e visitantes de As Cancelas, tanto das persoas que asistiron ás galas no centro como das que o seguiron e compartiron a través das redes sociais.