Xente As Cancelas: Di Prego
Na sección Xente As Cancelas, o Centro Comercial As Cancelas faiche saber cales son as tendas das Cancelas e tamén as persoas que traballan nelas. É unha oportunidade para que coñezas máis de preto á xente que che atende cando fas as túas compras no centro comercial e cando te moves polas nosas tendas.
Nesta ocasión de falámosche de Di Prego, unha tenda dedicada á moda para home. Aquí podes atopar de todo, sobre todo camisas, pero tamén traxes, garavatas, roupa interior, complementos variados, etc. Vamos, que Di Prego é un establecemento de moda que lle ofrece ao home todo aquilo que busca e que se centra nas súas necesidades de vestimenta e estilo.
Para a nosa sección Xente As Cancelas presentámosche a Ana, traballadora de Di Prego As Cancelas, a cal che atenderá en todo o que necesites para estar á última en moda. Tanto se es home e gústache a moda, coma se es muller e queres regalarlle a un home especial na túa vida algo que poñerse, en Dei Prego tes de todo. Un saúdo, Ana.
Esperámoste en As Cancelas.