Xente As Cancelas: Cervecería Internacional
Continuamos co noso #XenteAsCancelas cun novo artigo. Nesta ocasión, falámoste de Cervecería Internacional. Como sempre, trátase dunha oportunidade para que coñezas a xente que traballa nos diferentes establecementos de As Cancelas. Queremos que saibas que son persoas próximas a ti. Neste artigo, presentámoste a Miriam, traballadora de Cervecería Internacional As Cancelas, que nos fala do servizo e do que podes encontrar neste establecemento.
Tes un plan para o teu tempo libre? E un plan para o domingo? Tanto se é unha cousa, coma se son as dúas cousas á vez, en Cervecería Internacional, situada na planta 2 do Centro Comercial As Cancelas, tes un plan. O mellor de todo é que o teu plan pode ser individual, en parella ou con amigos.
En Cervecería Internacional podes encontrar diversos tipos de cervexa, cafés, menús variados (dende ensaladas e pratos, ata bocadillos e aperitivos), etc. De todos os xeitos, o máis interesante de Cervexaría Internacional é a súa decoración. Cun toque medieval, recorda aos castelos e elementos decorativos propios das catedrais. É como unha combinación entre o clásico e o moderno, o cal se converte en algo moi interesante para o visitante.
Esperámoste en Cervecería Internacional, no Centro Comercial As Cancelas.