Xa está aquí o Pasaporte de Celi 2019!
Se formas parte do Club de Celi, de seguro que xa coñeces todas as actividades tan divertidas que organizamos. Talleres, espectáculos de maxia, teatro, música, contacontos… hai montóns de eventos, totalmente gratuítos, para pasalo en grande con Celi.
Pero como nos encantaría que viñeras máis veces a visitarnos, xa está dispoñible o Pasaporte de Celi 2019! Aínda non o tes? Solicítao de forma gratuíta no Punto de Atención ao Cliente do centro comercial e pide que cho selen cada vez que veñas a visitarnos. Cantos máis selos acumules, máis regalos poderás conseguir.
Se aínda non pertences ao club, inscríbete no Punto de Atención ao Cliente ou na nosa web de maneira gratuíta para gozar de todas as súas vantaxes. Unha vez que formes parte do club consigue o teu pasaporte e, explora un universo de diversión!