Volve a Festa do Cine ás salas de Cinesa As Cancelas!

Unha das festas máis esperadas regresa ás salas de Cinesa As Cancelas! Se es un cinéfilo e adoras a comodidade da gran pantalla, non podes perder a nova Festa do Cine. Do 3 ao 6 de outubro, convidámosvos a gozar dunha experiencia de 10 mentres vivides as estreas máis espectaculares por só 3.50€. Como o les!
Para conseguir a túa entrada a prezo reducido, tan só é necesario presentar a acreditación da Festa do Cine no momento de adquirir as túas entradas no despacho de billetes de Cinesa As Cancelas. Se vas comprar as túas entradas a través de internet, lembra que terás que presentar a túa acreditación no momento de acceder á sala.
Como conseguir a túa acreditación? É moi fácil! Se é a primeira vez que participas na Festa do Cine, podes solicitar a túa acreditación nesta ligazón. Se non é a túa primeira vez, podes volver descargar a túa acreditación aquí.
Ademais, como queremos que esta nova edición non che falte de nada para estar 100% cómodo/a nas nosas salas de cine, temos unha sorpresa preparada para ti!
Do 3 ao 6 de outubro, todas as persoas que presenten a súa entrada da Festa do Cine no Punto de Atención ao Cliente, poderán conseguir fantásticos Menús Dúo para gozar da súa estrea favorita en Cinesa! Si, si, como o les! Esta nova edición, As Cancelas convídache ao refresco e aos flocos de millo así, pola cara!