Ven ver o Obradoiro – Fuenlabrada GRATIS!

Non deixes pasar o derradeiro partido da tempada! Se o corpo che pide baloncesto, nos traémocho en bandexa. Este 23 de maio poderás gozar desde as bancadas do Fontes do Sar porque sorteamos unha entrada dobre para que vexas o Monbus Obradoiro – Fuenlabrada en vivo e en directo. Queres levar este premio? Pois entón todo o que tes que facer é seguir estes pasos:
Requisitos para participar na promoción en Facebook:
- Ser seguidor da páxina de As Cancelas en Facebook.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
Requisitos para participar na promoción en Instagram:
- Ser seguidor da conta de As Cancelas en Instagram.
- Etiquetar a 2 amigos na publicación do sorteo.
IMPORTANTE: Lembra que o prazo para participar remata o domingo 21 de maio ás 23:55h. E, se queres duplicar as túas posibilidades de gañar, participa desde ambas redes sociais!
Ganadora (Instagram)
- @aliciamunin