Ven gozar dun doce, doce Nadal
Como cada ano, programamos unha chea de actividades para que toda a familia poida gozar ao máximo do Nadal en As Cancelas. Especialmente pensado para os máis pequenos da casa, do 1 de decembro ao 5 de xaneiro, teremos instalado na planta 2 un divertido tren infantil. A atracción funcionará en horario só de tarde -de 17:00 a 21:00 horas- en días laborables ata o 21 de decembro e en horario de mañá e tarde -de 11:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas- durante as fins de semana. Tamén haberá horario de mañá e tarde do 22 de decembro ao 5 de xaneiro, coincidindo coas vacacións escolares. Os días 24 e 31 de decembro o tren funcionará únicamente de 11:30 a 14:00h.
A partires do 5 de decembro e ata o 7 de xaneiro, grazas á colaboración coa Asociación de Folclore Galego Ximiela, poderemos gozar dunha versión tradicional galega do clásico belén. A representación do nacemento estará montada no escaparate de planta baixa situado fronte á xoguetería Imaginarium.
Será a partires do 15 de decembro cando recibamos a visita de Papa Noel, que chegará desde o seu fogar no Polo Norte para quedarse ata o 24 de decembro, cando marchará para poder repartir os agasallos de todos os nenos do mundo. Do 15 ao 23 de decembro estará escoitando as peticións de todos os pequenos visitantes do centro comercial de 17 a 20h, mentres que o día 24 será de 16 a 19h. Os días 15, 16, 22 e 23 estará tamén polas mañás de 12 a 14h.
Para pechar o Nadal ao grande, o carteiro real pasará por As Cancelas do 2 ao 5 de xaneiro para recoller as cartas que todos os pequenos queiran facer chegar ás súas maxestades os Reis Magos de Oriente.