Ven gozar da Semana de Vedra!
A partires do xoves 31 de outubro, celebramos en As Cancelas a ‘Semana de Vedra’, unha excelente oportunidade para que todos poidades gozar das tradicións, da súa gastronomía e aprender un pouco máis sobre o patrimonio histórico e cultural deste municipio bañado polo río Ulla.
As actividades, que se prolongarán ata o 9 de novembro, están pensadas para todas as idades. Entre outras cousas, contaremos cunha representación do entroido tradicional do Ulla, na que se poderán ver os vistosos uniformes con chapeus decorados con borlas e plumas dos ‘ Xenerais dá Ulla’; con degustacións de produtos típicos da zona do val do río Ulla, como o viño ou a augardente; coa actuación de asociacións de baile tradicional galego e mesmo divertidísimos xogos para os máis pequenos.
Ademais, durante toda a semana poderanse visitar no centro comercial varias exposicións sobre a riqueza cultural, histórica e social do concello de Vedra. Unha delas será a mostra fotográfica ‘Guandián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana’, que recolle o proceso de construción do viaduto ferroviario de Gundián, que permitiu nos anos 50 que a liña de tren que partía de Zamora chegase a Santiago.
As outras exposicións que se poderán visitar son Son Lecer, Vedra Asociativa, así como unha exhibición centrada no baile tradicional galego e outra sobre ‘As barcas do Ulla’, que recolle a importancia que estes vehículos tiveron no desenvolvemento económico e social de Vedra. Pola súa banda, ‘Os Bolechas van a Vedra’, está pensada para que os máis pequenos poidan aprender de todo sobre esta localidade. Aquí deixámosche o programa de actividades para que non te perdas nada!
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Xoves 31 de Outubro
- 19:30h Inauguración da Semana de Vedra, coa actuación do grupo de baile ‘Os Campiños’ e das pandereteiras ‘Dedaleiras’ da A.C San Campio. Ademais, brindaremos cun viño galego.(PLANTA 2)
Venres 1 de Novembro
- 10h Inchable con CPM Eventos (PLANTA 1)
- 13h Entroido Tradicional da Ulla con Xenerais, Correos e Vellada (PLANTA 0)
- 13:30h Degustación do Vermú Nordesía (PLANTA 2)
- 19:30h Actuación das pandereteiras da ‘A.C Santiaguiño’ e ‘Asociación de pandereteiras Silandeira’ (PLANTA 2)
- 20h Degustación de ‘Aguardientes de Galicia’ (PLANTA 2)
Sábado 2 de Novembro
- 10h Inchable, animacións e disco móbil con CPM Eventos (PLANTA 1)
- 13:30h Degustación do Vermú Nordesía e dos produtos de Polos Rivadulla (PLANTA 2)
- 18h Concerto da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla Concello de Vedra (PLANTA 2)
- 18:30h Degustación ‘Vedra é tapas’ co Fogar do avó (PLANTA 2)
Luns 4 de Novembro
- 18h Espazo Literario Vedra (PLANTA 1)
- 19h Disco Móbil con CPM Eventos (PLANTA 1)
Martes 5 de Novembro
- 18h Obradoiros de tocados con Charo López Atelier (PLANTA 0)
- 19h Espectáculo de maxia con CPM Eventos (PLANTA 1)
Mércores 6 de Novembro
- 18h Obradoiros ‘Ulla Naturalmente’ coa Asociación Raiceiros – Educación para o patrimonio natural (PLANTA 1)
- 19h Disco móbil con CPM Eventos (PLANTA 1)
Xoves 7 de Novembro
- 19h Espectáculo de baile e música con CPM Eventos (PLANTA 1)
- 19:30h Degustación ‘Vedra é tapas’ co Bar Barreiro (PLANTA 2)
Venres 8 de Novembro
- 19h Contacontos ‘El pirata Pedro y el barco de las velas de cristal’ con Laura de la Torre e CPM Eventos (PLANTA 1)
- 20h Degustación dos viños da adega Casa do Sol (PLANTA 2)
- 20:30h Concierto de corais (Coral da Terceira Idade de Vedra e Coral Ledicia de San Xián) (PLANTA 2)
Sábado 9 de Novembro
- 13h Degustación dos AOVES Atlánticos Galeo (PLANTA 2)
- 17h Animación Musical (PLANTA 1)
- 19:30h Peche da Semana de Vedra coa actuación de ‘A gaita de Sarandón’ dos Requinteiros da Ulla
- 20h Cata pechada dos viños da adega Pazo de Galegos